Convenio entre Deputación, Xunta e Concello de Sarria para o financiamento da residencia pública

•A Xunta de Galicia vai aportar 6.000 euros, e a Deputación de Lugo 120.000 euros •A residencia pública de maiores de Sarria conta con 100 usuarios de toda a comarca

Foto de arquivo da visita realizada o pasado mes de abril polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, á residencia pública de Sarria, acompañado do concelleiro Efrén Castro. GPDL.
Foto de arquivo da visita realizada o pasado mes de abril polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, á residencia pública de Sarria, acompañado do concelleiro Efrén Castro. GPDL.
• A residencia pública da terceira idade de Sarria contará con achegas da Xunta e da Deputación de Lugo para financiar o seu funcionamento. O organismo provincial aportará 120.000 euros a través dun convenio co Concello de Sarria, no que tamén participa a Xunta de Galicia, achegando 6.000 euros.
PARA MANTEMENTO, COMPRA DE MATERIAL E PAGO AOS TRABALLADORES
A partida destinada pola Deputación foi aprobada na Xunta de Goberno do pasado 2 de decembro. Segundo explicou o voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, esta partida de 120.000 euros irá destinada a actuacións de mantemento e adquisición de materiais, como sábanas, toallas, pixamas ou batas, co fin de mellorar a atención dos 100 maiores de toda a comarca de Sarria que residen neste centro público. Santos Ramos explicou que a achega provincial tamén servirá para garantir o pago aos preto de 50 profesionais que traballan nesta residencia.
AXUDA SOLICITADA POLO CONCELLO
A colaboración da Deputación foi solicitada pola alcaldesa, Pilar Yáñez, ao mandatario provincial, Darío Campos, nada máis acadar a presidencia. Campos confirmou a súa colaboración na visita realizada á residencia en abril. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 48% das vivendas do casco histórico de Monforte están baleiras

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao elaborou un censo con 48 fontes públicas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss