Cultura retomará as axudas específicas para Escolas de Bandas de Música

As bandas de música locais contribúen de forma importante á dinamización social e cultural das vilas e cidades da nosa provincia. Arquivo EC
As bandas de música locais contribúen de forma importante á dinamización social e cultural das vilas e cidades da nosa provincia. Arquivo EC

A Consellería de Cultura vai retomar o vindeiro ano as axudas específicas para Escolas de Bandas de Música. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na clausura do X Certame Galego de Bandas de Música, celebrado a finais de novembro en Compostela. Rodríguez destacou que as axudas contribuirán ao funcionamento destas escolas, con “importante labor formativa” , como unha “aposta polo ensino musical a nivel local”. O conselleiro lembrou a estreita relación entre as bandas de música e as escolas e conservatorios locais. Así mesmo, Román Rodríguez gabou a importancia das bandas de música no fomento das relacións humanas entre os músicos, así como a formación en valores cívicos que aportan, como o traballo en equipo e a asunción de responsabilidades.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pagados máis de 50 millóns do anticipo da PAC na provincia de Lugo

Seguinte Nova

Presentación oficial dos deportistas do Korbis

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: