Diversas actividades integran o programa de Nadal en Pantón

O certame de Beléns é una das actividades tradicionais do programa de Nadal en Pantón. (Arquivo EC)
O certame de Beléns é una das actividades tradicionais do programa de Nadal en Pantón. (Arquivo EC)
• ACTIVIDADES PARA OS MÁIS CATIVOS DURANTE AS VACACIÓNS ESCOLARES. A Concellería de Cultura de Pantón organiza unha serie de actividades para os días non lectivos, destinadas aos nenos e nenas de 3 a 12 anos. A programación desenvolverase os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e o 2, 3 e 4 de xaneiro. As inscricións deberán realizarse antes do 20 de decembro no Edificio Sociocultural, en horario de 10 a 20 horas. •
• O PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL REMATA O 31 DE DECEMBRO. Outra das actividades que propón a Concellería de Cultura de Pantón para estas datas é o Concurso de Postais de Nadal. Esta iniciativa, organizada en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo, vai dirixida aos rapaces e rapazas de Pantón, que queiran participar na fase local do concurso. Os participantes poderán presentar unha ou varias postais deseñadas por eles sobre o Nadal, que deberán entregar nas oficinas do Edificio Sociocultural de Ferreira ata o 31 de decembro. O xurado valorará a orixinalidade e a calidade dos traballos, e os seleccionados pasarán a competir na fase provincial. Os resultados da fase local daranse a coñecer durante o Festival de Reis do 5 de xaneiro en Ferreira.•
• ATA O 23 DE DECEMBRO PARA INSCRIBIRSE NO CONCURSO DE BELÉNS DESTINADO A PARTICULARES E COLECTIVOS. Un ano máis, o Concello de Pantón, dende a delegación de Cultura, convoca unha nova edición do Concurso de Beléns. A iniciativa está dirixida a familias, parroquias, asociacións e veciños en xeral, co obxectivo de promocionar a tradición do belenismo na localidade. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente nas oficinas do Edificio Sociocultural de Ferreira, e o prazo remata o 23 de decembro. O xurado premiará tanto a orixinalidade como a calidade dos beléns que se presenten a concurso. Comunicarase publicamente a relación de premiados no Concurso de Beléns durante o Festival de Reis.
• GRAN FESTIVAL DE REIS O 5 DE XANEIRO EN FERREIRA. Para poñer un final festivo á programación de Nadal, o Concello de Pantón convida a todos os nenos e nenas a participar no Festival de Reis 2017, que terá lugar o día 5 de xaneiro a partir das 17,30 horas no Edificio Sociocultural de Ferreira. No festival haberá xogos populares, diversos obradoiros, malabares e globoflexia, e as Súas Maxestades Os Reis Magos sorprenderán a todos achegándose ao remate do Festival, e traendo agasallos para os presentes. O Festival de Reis conta coa colaboración da Banda de Gaitas O Castro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Sober remata varias obras en infraestruturas de uso público

Seguinte Nova

Máis actividades no Ximnasio Municipal de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: