• O Goberno galego destinará 3.522 euros por habitante en Lugo e 3.355 euros en Ourense, fronte aos 2.457 na Coruña e 2.728 de Pontevedra, para avanzar no reequilibrio territorial
• As comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga contarán con 6 millóns de euros de orzamento específico nas contas da Xunta para 2017
• O Goberno galego vén de presentar o proxecto de Lei de Orzamentos para 2017, no que se incrementa o gasto en todas as Consellerías, e prioriza o investimento por habitante nas provincias de Lugo e Ourense, co obxectivo de seguir avanzando no reequilibrio territorial entre as provincias atlánticas e as do interior. Así o explicou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, na entrega ao Parlamento de Galicia o proxecto da Lei dos Orzamentos, así como o de Medidas Fiscais e Administrativas. Este segundo proxecto inclúe, entre outras, unha nova rebaixa fiscal para o rural, que consiste na bonificación da compra de vivenda habitual para mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade cando o inmoble estea ubicado nunha zona rural. Ademais, o proxecto de Lei consolida as baixadas de impostos que entraron en vigor en xaneiro de 2016, tanto no IRPF como no Imposto sobre Sucesións, e continuando co programa de impostos cero no rural.
6 MILLÓNS DE EUROS DE INVESTIMENTO ESPECÍFICO NO SUR DE LUGO
As deputadas autonómicas do Partido Popular por Lugo, Raquel Arias e Julia Rodríguez, calificaron de “positivos” os Orzamentos de 2017 para a nosa provincia. En concreto, as deputadas populares destacaron sobre todo os 6 millóns de euros de orzamento específico que o Goberno galego destinará ás comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

AXUDAS XENÉRICAS QUE BENEFICIARÁN AO SUR DE LUGO
Arias e Rodríguez puxeron en valor as diversas partidas xenéricas que terán incidencia directa na zona sur lucense, como o apoio ao sector do viño, con axudas á produción, organización e internacionalización por valor de 300.000 euros.
Así mesmo, as contas autonómicas inclúen unha partida xeral de 679.090 euros para executar diversas melloras en albergues e no propio Camiño de Santiago.
A conservación ordinaria e o plan de vialidade invernal para 2017 da Xunta destina para Lugo máis de 7 millóns de euros a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, ademais doutros 5,8 millóns en reforzos de firme e actuacións en travesías na nosa provincia.

ORZAMENTOS “PARA AS PERSOAS”
As deputadas autonómicas insistiron na “importancia das persoas” nos Orzamentos da Xunta para 2017, e que nas comarcas do sur lucense vanse traducir en investimentos concretos. Arias e Rodríguez referíronse á partida de 250.000 euros que a Xunta destinará á construción do novo centro de saúde de O Saviñao, e os preto de 450.000 euros euros para o centro asistencial de Carballedo ou para o centro de continuidade do Infanta Elena, incluído no capítulo VI do texto do proxecto de Orzamentos 2017.

1,3 MILLÓNS DE EUROS PARA SOLO EMPRESARIAL EN TABOADA, QUIROGA E MONFORTE
As contas da Xunta para o vindeiro ano tamén inclúen partidas para o apoio ao tecido empresarial, “cun claro compromiso coas empresas, para ofrecer máis oportunidades de emprego e consolidar proxectos que xa apostan polo sur lucense”, segundo explicaron Raquel Arias e Julia Rodríguez. Neste sentido, as deputadas populares lembraron que a Xunta destinará a solo empresarial máis de 1,3 millóns de euros para obras en Taboada, Quiroga e Monforte.

PARTIDAS EN INFRAESTRUTURAS DO SUR
As infraestruturas constitúen un apartado importante nos investimentos para o sur lucense. A Xunta prevé 250.000 euros para o acondicionamento da estrada LU-651 ao seu paso por Folgoso do Courel, actuación na que se espera investir 4 millóns máis ata 2019. Este mesmo concello da comarca de Quiroga beneficiarase de máis de 80.000 euros en actuacións de mellora de infraestrutura para servizos de televisión e radiodifusión.
Así mesmo, o vindeiro ano iniciarase o proceso de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, cun investimento de 250.000 euros en 2017, aos que o Executivo galego pretende engadir outros 16 millóns de euros máis ata 2020. As deputadas populares salientaron que esta actuación daría cumprimento á promesa electoral realizada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

OUTRAS PARTIDAS
No eido do turismo está incluído o investimento de 250.000 euros para mellorar accesos a bens de interese turístico en Sober. O municipio soberino tamén se vai beneficiar dunha das achegas medioambientales que os Orzamentos autonómicos destinan en diversos concellos, e que neste caso se concreta nos 270.000 euros para o proxecto de saneamento na parroquia de Bolmente, en Sober.
Así mesmo, Raquel Arias e Julia Rodríguez destacaron que “esta será a lexislatura do rural”, o que vai repercutir nos investimentos da Xunta para 2017. Neste sentido, as deputadas autonómicas suliñaron a partida de 3,3 millóns de euros que o Executivo galego destinará ao distrito forestal de Monforte para prevención de incendios, recuperación de zonas afectadas polos lumes, xestión de montes, control de pragas ou recuperación potencial forestal.•