Luz verde municipal á depuradora do Porto Seco

•O alcalde de Monforte anunciou que as obras de saneamento estarán rematadas en maio

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado do concelleiro de Servizos, José Luis Losada, na rolda de prensa na que anunciou as novidades sobre o saneamento do Porto Seco. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado do concelleiro de Servizos, José Luis Losada, na rolda de prensa na que anunciou as novidades sobre o saneamento do Porto Seco. GPCM
• A depuradora do Porto Seco de Monforte xa ten prazos. A comezos deste mes, o alcalde, José Tomé Roca, anunciaba o inicio do procedemento para a construción da rede de saneamento desta plataforma loxística, e que permitirá que «na vindeira primavera as empresas xa poderán estar en funcionamento».
TOMÉ: «O  CONCELLO ESTÁ DESEXANDO PODER CONCEDER LICENZAS A EMPRESAS NO PORTO SECO»
A Xunta de Goberno local aprobou recentemente o expediente para a contratación das obras da depuradora do Porto Seco. Segundo matizou Tomé Roca, o proxecto especifica que os traballos estarán rematados nun prazo de tres meses, «o que significa que en maio estarán completadas as obras de saneamento que precisaba o Porto Seco». O alcalde suliñou que “con esta obra ponse punto final a un capítulo que durou demasiado tempo». Tomé Roca manifestou o seu desexo de que «a implantación de empresas se cumpra canto antes». «O Concello está desexando poder conceder licenzas a calquer empresa que as solicite e presente a documentación necesaria», afirmou o rexedor local.
CONVENIO COA CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS EN MAIO PASADO
A depuradora do Porto Seco será financiada en virtude dun convenio asinado o pasado mes de maio entre a Consellería de Infraestruturas da Xunta e o Concello de Monforte. O convenio establece unha aportación paritaria entre as dúas administracións, que deberán achegar preto de 143.990 euros cada unha. A tramitación administrativa continuou da man do Concello, que completou as xestións necesarias coa Axencia Galega de Infraestruturas, o ADIF e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para obter os permisos necesarios cos que acometer as obras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O servizo de Teleasistencia da Deputación de Lugo sumou outros 119 novos usuarios

Seguinte Nova

Ata o 3 de febreiro para inscribirse nos primeiros cursos do LugoWork

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: