Máis actividades no Ximnasio Municipal de Sober

O Concello de Sober ampliou este mes as actividades do Ximnasio Municipal. (Foto cedida).
O Concello de Sober ampliou este mes as actividades do Ximnasio Municipal. (Foto cedida).

• O Concello de Sober vén de incrementar a oferta de actividades no Ximnasio Municipal. A actividade de Ximnasia de Mantemento ofrécese os martes, mércores e xoves ás 11 horas, e os xoves pola tarde ás 17,30. Ademais, incorpórase a actividade denominada En Forma, na que se desenvolven diversos modelos de entrenamento, os martes e mércores a partir das 16,00 horas.
Outra das novidades é a actividade Danciña Fitness, na que se mestura o acondicionamento físico co baile. As clases son os martes e mércores a partir das 18,00 horas. Todas as actividades son gratuítas.
As instalacións do Ximnasio Municipal de Sober están abertas os martes e mércores de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, e os xoves de 10 a 14 horas e pola tarde de 17,30 a 20,30 horas, para aqueles usuarios que desexen facer exercicio pola súa conta.
Segundo explicou o alcalde de Sober, o Concello vén de adquirir novo material para o Ximnasio Municipal. A compra incluiu unha nova cinta de correr e unha bicicleta estática horizontal, entre outros equipamentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Diversas actividades integran o programa de Nadal en Pantón

Seguinte Nova

Á venda nos bares e comercios de Escairón o Calendario 2017 da Asociación Veciñal do Saviñao

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss