•O Pleno do 26 de decembro debatirá a proposta de Orzamentos para 2017 presentada polo equipo de Goberno do Concello de Monforte. O alcalde, José Tomé, deu a coñecer as liñas xerais desta proposta, na que destacou o aumento do gasto social e das axudas ás asociacións. As contas que someterá ao Pleno o Goberno local suman 12.419.839 euros, cun incremento de 116.000 euros, o 1% respecto aos Orzamentos do presente exercicio.
EIDO SOCIAL
José Tomé explicou o detalle das partidas, destacando o incremento nun 6% do gasto social, pasando dos 801.541 euros deste ano a 850.000. A partida para emerxencias sociais tamén medra, preto dun 43%, dende 21.000 a 30.000 euros. Así mesmo, as contas para o 2017 inclúen unha subida das axudas destinadas ao transporte dos universitarios, que medraría dos 9.000 euros actuais aos 12.000. En canto ás axudas a asociacións culturais e sociais, a previsión é manter a partida nos termos actuais, con 24.000 euros en total.
O alcalde anunciou novas axudas con entidades que non contaban con partidas específicas. As contas de 2017 inclúen 5.000 euros para Cáritas e 2.000 euros para Cruz Vermella. Tamén estrearán achegas municipais as sociedades recreativas Fraternal, Círculo Victoria e Casino Ateneo, que se repartirán 8.000 euros. O Concello habilitará 2.000 euros para Semente Monforte, outros tantos para a Asociación de Praceiros, e unha achega similar para a Delegación de Hostalería.

INFRAESTRUTURAS
Nas infraestruturas, o alcalde de Monforte anunciou que as contas do vindeiro ano reservan unha partida de 134.000 euros para a anualidade do convenio que está previsto asinar coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Deputación de Lugo. Segundo explicou Tomé, esta partida permitirá acometer as obras previstas no Plan de Redución de Vertidos.

DEPORTES
O alcalde de Monforte suliñou varias novidades dos Orzamentos que afectan ao ámbito deportivo. A partida destinada a custear actividades medra en 15.000 euros, que é o custe estimado da organización dos Xogos do Eixo Atlántico, que terán sede compartida en Lugo, Sarria e Monforte. Por outra banda, os Orzamentos estiman unha subida do 25% nas subvencións a clubes deportivos. Como gran novidade, Tomé anunciou a creación dunha achega de 5.000 euros destinada a apoiar aos deportistas que participen en campionatos, “pero aínda habería que definir ben as condicións destas axudas”.

OUTRAS PARTIDAS
Outra novidade destacada polo rexedor local é a creación dunha partida de 8.000 euros para adquirir novos equipos de comunicación para a Policía Local. Así mesmo, elévase nun 3%, ata chegar aos 100.000 euros, a dotación para actividades culturais, que inclúen a Feira Medieval.

CRÍTICAS DO PP
A voceira do Grupo Popular, Julia Rodríguez, lamentou que a proposta orzamentaria do Goberno socialista fose “pouco ambiciosa, repetindo erros do pasado”, por incluir investimentos en saneamento “cando segue aberto o conflicto con Aqualia”. Ademais, Rodríguez precisou que a subida no gasto social anunciada por Tomé “débese a un incremento nas transferencias da Xunta para novos dependentes”.

CRÍTICAS DO BNG
Pola súa banda, a voceira do BNG no Concello, Pilar López, criticou que o alcalde anunciara publicamente “uns orzamentos sen ofrecer con anterioridade ningún diálogo”, nunha actitude “irresponsable e alonxada de toda posibilidade de acordo”.•