Monforte perpetúa o roteiro vital e literario de Manuel María

•O Concello colocou unha placa conmemorativa na que fora vivenda do poeta durante a súa estandía na cidade, e tamén no local da súa Librería Xistral

De esquerda a dereita, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a viúva do escritor, Saleta Goi; o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede; o alcalde de Monforte, José Tomé; e a portavoz do PP no concello, Julia Rodríguez, diante da vivenda de Manuel María en Monforte. GPCM.

• O Concello de Monforte de Lemos vén de culminar o amplo programa de actos desenvolvidos este ano en memoria de Manuel María, escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016.
O 3 de decembro tivo lugar o descubrimento das dúas placas que o Concello de Monforte instalou para perpetuar o paso do poeta pola cidade do Cabe.
ROTEIRO VITAL DO POETA CHAIREGO EN MONFORTE DE LEMOS
As placas sinalizan a que fora vivenda de Manuel María durante a súa longa estadía en Monforte, no número 1 da rúa Roberto Baamonde, e o local das Galerías Fontecha onde o escritor fundou a emblemática Librería Xistral.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 100 viños na III Cata Patrimonio Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Os deportistas do Neka consiguen 9 medallas no Campionato de España

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: