O Concello de Sober remata varias obras en infraestruturas de uso público

•Melloras na gardería municipal e no pavillón deportivo •Tamén se completou a urbanización da praza da igrexa de Bolmente

Vista da nova bancada instalada no pavillón municipal de deportes de Sober. (Foto cedida).
Vista da nova bancada instalada no pavillón municipal de deportes de Sober. (Foto cedida).
• O Concello de Sober vén de rematar dúas novas actuacións en infraestruturas de uso público. A comezos deste mes, quedaban completados os traballos de mellora no pavillón municipal de deportes, coa instalación dunha nova bancada con capacidade para 200 persoas, e o acondicionamento da pista de xogo. Segundo explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, estes traballos financiáronse con máis de 20.000 euros de fondos municipais “para contar cun pavillón deportivo renovado, acorde ás necesidades de Sober”.
Imaxe do novo aspecto da praza da igrexa de Bolmente, logo dos traballos de urbanización acometidos polo Concello de Sober. (Foto cedida).
Imaxe do novo aspecto da praza da igrexa de Bolmente, logo dos traballos de urbanización acometidos polo Concello de Sober. (Foto cedida).

MELLORAS EN BOLMENTE
Tamén a principios de decembro finalizaban as obras de urbanización da praza da igrexa de Bolmente, cun investimento de preto de 30.000 euros con cargo ao plan da Área de Rehabilitación Integral (ARI), que se financia nun 40% con fondos do Ministerio de Vivenda e da Consellería de Infraestruturas, e o resto polo Concello de Sober.
Os arranxos consistiron na renovación do pavimento con lastra de granito e formigón desactivado. Ademais, mellorouse a zona do cruceiro instalando unha nova zona verde.
Fernández Guitián sinalou a importancia deste tipo de obras en Sober, xa que o municipio é o único de Galicia no que o ARI afecta a todo o territorio.

GARDERÍA
O Concello acometeu tamén a mellora do Punto de Atención á Infancia. Segundo o alcalde, cambiáronse as persianas, renovouse o acondicionamento e peche da área exterior de xogo, e se instalou mobiliario novo. O importe das obras foi de 22.600 euros, dos que 19.000 aportounos a Consellería de Política Social.
O alcalde lembrou que a gardería de Sober conta con 20 prazas, “que están ocupadas dende hai anos”, e para as que hai lista de espera.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para disfrutar do Nadal en Sober

Seguinte Nova

Diversas actividades integran o programa de Nadal en Pantón

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss