O programa DepuEmprego xa dá traballo a 97 persoas na provincia de Lugo

• Os contratados reforzan os servizos públicos nos concellos • A Deputación asume os custos laborais destes traballadores, que antes estaban no paro • Dos 97 empregados, 29 son da zona sur de Lugo

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, na presentación do programa DepuEmprego. GPDL.
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, na presentación do programa DepuEmprego. GPDL.
• A comezos deste mes, a Deputación de Lugo deu a coñecer os primeiros resultados do DepuEmprego, o programa que o organismo provincial está a desenvolver nos Concellos de menos de 20.000 habitantes para xerar novos postos de traballo. Segundo explicaron dende a Deputación, un total de 97 lucenses que estaban en paro empezaron a traballar en 29 concellos da provincia. Os responsables do DepuEmprego suliñaron que este plan vai cumprir unha dobre función «en beneficio dos lucenses e do rural», xa que, por unha banda, se está a crear emprego, e por outra, se reforzan os servizos públicos que prestan os Concellos.
A DEPUTACIÓN PAGA OS CUSTOS LABORAIS DOS TRABALLADORES
A Deputación financia os custos laborais dos contratados no DepuEmprego, cunha achega total de 3 millóns de euros. Esta partida permitiría, segundo explicaron dende o organismo provincial, a contratación dun total de 263 persoas. Os fondos repartíronse entre os Concellos segundo os criterios de taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais. Tendo en conta a aportación para cada municipio, os concellos elaboraron os perfís que máis lles interesaban, segundo as súas necesidades, e presentaron as correspondentes solicitudes á Deputación.
31 NOVAS CONTRATACIÓNS NO SUR DE LUGO
As primeiras 97 contratacións inclúen 31 novos postos de traballo nos Concellos do sur de Lugo. Así, na comarca de Quiroga, contratáronse un peón e un animador turístico en Folgoso do Courel, mentres que en Quiroga incorporáronse cinco traballadores, para os postos de electricista, albanel, limpiador, técnico medioambiental, animador sociocultural e auxiliar administrativo. Na comarca de Chantada, o Concello de Carballedo incorporou un informador turístico e dous peóns de servizos múltiples, mentres que en Taboada comezaron a traballar un peón de obras, dous oficiais de primeira e un monitor de deportes.
Na comarca de Lemos, os contratados polo DepuEmprego corresponden, por unha banda, a Sober, con dous peóns de servizos, un pintor, un técnico turismo, un auxiliar de viticultura, un monitor deportivo e un técnico. En Monforte, contratáronse dous peóns de servizos e un auxiliar administrativo. A Pobra do Brollón contratou a un técnico medioambiental e un peón forestal, e Bóveda dous peóns. Por último, Pantón incorporou un peón de mantemento e un traballador social.
Outros 10 concellos lucenses están a tramitar a contratación de 32 novos traballadores, como é o caso do Incio, que incorporará en breve a oito peóns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lugo será a provincia con máis investimento da Xunta por habitante en 2017

Seguinte Nova

O Concello de Monforte comezou a mellora da iluminación dos barrios da cidade

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss