O servizo de Teleasistencia da Deputación de Lugo sumou outros 119 novos usuarios

•Desta cifra de novas altas, 30 corresponden á zona sur, e 11 á comarca de Sarria •A zona na que se sumaron máis usuarios é a Mariña, con 40 maiores incorporados ás novas prazas deste servizo

A  comezos de decembro, o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, mantivo un encontro con Encarnación Pico, veciña de Vilalba de 77 anos e nova usuaria do servizo de Teleasistencia que ofrece o organismo provincial. GPDL
A comezos de decembro, o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, mantivo un encontro con Encarnación Pico, veciña de Vilalba de 77 anos e nova usuaria do servizo de Teleasistencia que ofrece o organismo provincial. GPDL
• O Servizo de Teleasistencia gratuíto que ten en marcha a Deputación de Lugo sumou ata inicios de decembro un total de 119 novas altas. Estas solicitudes corresponden ás 650 novas prazas que o organismo provincial puxo a disposición dos veciños no mes de setembro, logo de que o Goberno provincial destinara 300.000 euros para asumir todos os custos derivados desta prestación. Logo da visita que o vicepresidente provincial, Álvaro Santos Ramos, fixo a Encarnación Pico, veciña de Vilalba de 77 anos e nova usuaria da Teleasistencia, «as persoas son as que se van beneficiar das novas prazas deste servizo social».
AS SOLICITUDES FORON REXISTRADAS SOBRE TODO POR MULLERES
Segundo informaron os responsables provinciais, as 119 novas prazas que se tiñan solicitado ata comezos deste mes procedían de 42 municipios. No sur de Lugo, foron 30 os maiores que solicitaron a Teleasistencia gratuíta, dende os concellos de Ribas de Sil, Chantada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Taboada e O Saviñao. Pola súa banda, un total de 11 persoas da comarca de Sarria solicitaron estas prazas gratuítas da Deputación, dende os concellos de O Incio, Láncara, O Páramo, Triacastela e Sarria.
O resto das 119 prazas solicitadas proceden da Mariña, na que se contabilizaron 40 novas altas, da zona centro da provincia, con 28 solicitudes, ás que hai que sumar as 7 altas da zona da Montaña lucense e as 3 rexistradas dende A Ulloa.
Cabe suliñar que as solicitudes foron maioritariamente de mulleres, que ocupan un total de 93 das 119 novas prazas.
MÁIS DE 550 PRAZAS DISPOÑIBLES TOTALMENTE GRATUÍTAS
O vicepresidente da Deputación lembrou que a comezos de decembro estaban dispoñibles outras 564 prazas de Teleasistencia. As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude na web www.deputacionlugo.org, e informarse sobre este servizo no teléfono 982 260 138.
Santos Ramos destacou as características do servizo de Teleasistencia da Deputación. «A gratuidade para os usuarios, e o feito de que vaia dirixida a todos os maiores ou persoas que sufran algún tipo de limitación en canto á súa autonomía, son as diferenzas co servizo da Xunta», precisou o mandatario provincial. «O Goberno galego obriga ao copago nas súas prazas, e limita o servizo ás persoas catalogadas como dependentes, deixando fóra a moitas persoas que necesitan esta atención», precisou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os deportistas do Neka consiguen 9 medallas no Campionato de España

Seguinte Nova

Luz verde municipal á depuradora do Porto Seco

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: