•Laura Álvarez proclamouse campiona de España • Tamén acadaron o ouro José Roca, Álex Camba e Carlos Rey na modalidade de trío •Tres pratas e catro bronces completan o medalleiro dos taekwondistas do Neka na gran cita nacional
• O ano 2016 remata para o ximnasio Neka de Monforte cun novo éxito en competición. O Campionato de España de Clubes, celebrado en Alicante do 8 ao 11 de decembro, rematou para os de Monforte cun total de nove medallas, un resultado “que nin eu mesmo esperaba”, segundo comentou o adestrador José Mª Vega. A gran cita do ano para os clubes españois era o principal desafío do ximnasio monfortino, que demostrou contar con deportistas de primeiro nivel. “Estes chavales son unha pasada”, eran as palabras do técnico monfortino e responsable do club Neka logo de que os seus deportistas sumaran estes nove metais ao palmarés do ximnasio.
DOBLETE DE ÁLEX CAMBA, CUN OURO EN TRÍO E UNHA PRATA EN INDIVIDUAL
A competición nacional deixou dous ouros en Monforte. Laura Álvarez proclamouse campiona de España na súa categoría, mentres que José Roca, Álex Camba e Carlos Rey convertíanse en campións de España na modalidade de trío. Pola súa parte, Camba rematou cun doblete a nivel individual, ao conseguir a medalla de prata, quedando por diante do actual representante da selección española.
A prata foi o premio ao traballo en competición de Carlos Fernández. Pola súa banda, Daniel Areán convertíase no heroe deportivo de Taboada, ao subir ao podio como subcampión de España. Vega salientou a “euforia” coa que se viviu a medalla do taboadés na súa localidade, e destacou o “mérito especial” de Areán pola súa constancia ao vir entrenar a Monforte.
En Alicante tamén “foi o día” para Marco García, que acadou un bronce “que era cuestión de tempo”, segundo explicou Vega. Cun bronce foron premiados os deportistas Luis García, Raúl García e Rodrigo Huanay en trío.

ESTREO NO PODIO NACIONAL DE FREESTYLE PARA OS DE NEKA
O medalleiro no Neka tivo como novidade este ano a consecución dos primeiros podios na modalidade de freestyle. A parella formada por Meritxell Varela e Rodrigo Huanay logrou un bronce, e o mesmo recoñemento tivo a parella freestyle de Elena Varela e Álex Camba.
En técnica, cabe destacar a actuación de Carla Pardo, que rematou décima, e de Yasmín Rodríguez, no posto 19, ambas en categoría individual.
Na proba de combate, a sorte non acompañou nos cruces aos deportistas de Neka no Campionato de España. O actual campión galego, Junior Martínez, completaba un contundente 7-0 no primeiro combate, para rozar o podio no segundo, cun axustadísimo 9-7 fronte ao representante de España no último Mundial. Tampouco a fortuna estivo do lado de Víctor Iglesias e Elena Varela, aínda que o seu desafío segue en pé para a próxima competición.•