• A comezos de decembro, a Consellería de Medio Rural tiña tramitado o pago de 50.080.608 euros aos 11.039 gandeiros lucenses beneficiarios das axudas procedentes da Política Agraria Común (PAC).
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, as cantidades corresponden aos anticipos de ditas axudas. Balseiro valorou o grao de execución dos pagos por parte da Consellería, que nas principais liñas de subvención rondan o 90% ou incluso o superan, como no caso das axudas ao gando vacún de leite, que chegan ao 90,3% dos gandeiros con dereito a subvención.
Do total abonado, 20,8 millóns de euros corresponden ao pago básico, por dereitos que todos os agricultores e gandeiros teñen adquiridos segundo a superficie de actividade. No caso do gando vacún de leite, abonáronse máis de 12,1 millóns. En canto ao denominado “pago verde” ou medioambiental, o importe total abonado foi de 10,6 millóns, ingresados a máis de 9.000 agricultores.
No referente ao gando vacún de carne, a partida abonada foi de máis de 6,3 millóns de euros.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse