Presentación oficial dos deportistas do Korbis

•Preto de 50 rapaces e rapazas integran esta nova etapa do club monfortino

Foto de familia de xogadores e corpo técnico do Korbis Gonzalo Seguros de voleibol. (Foto cedida).
Foto de familia de xogadores e corpo técnico do Korbis Gonzalo Seguros de voleibol. (Foto cedida).
• O pasado 26 de novembro, tivo lugar no pavillón polideportivo de A Pinguela en Monforte a presentación oficial das diversas categorías do club Korbis Gonzalo Seguros de voleibol. Esta nova andadura do club monfortino conta con preto de 50 rapaces e rapazas a partir de 8 anos, que compiten na liga regular ou, nas idades máis novas, adestran coa disciplina do Korbis e compiten cos seus centros educativos na liga escolar.
Equipo infantil masculino da primeira división, cos adestradores Oscar e Ana. (Foto cedida).
Equipo infantil masculino da primeira división, cos adestradores Oscar e Ana. (Foto cedida).
INFANTIL MASCULINO
O equipo infantil masculino está a competir na primeira división. Baixo as directrices dos adestradores Óscar González e Ana Álvarez, compiten Pablo Cid,    Manuel Rodríguez, Pablo R. Traveso, Álvaro Buitrón, David Martinez, Santi Díaz, Daniel Gallardo, David López, Jaime Vázquez, Carlos López, Miguel Ríos, Manuel Sánchez e Luis Buitrón. Adestran co equipo infantil os xogadores cadetes Germán e Daniel Tomás, ao non contar con equipo cadete este ano.
O equipo infantil feminino do Korbis, que xoga na segunda división, coas adestradoras Olivia e Eva. (Foto cedida).
O equipo infantil feminino do Korbis, que xoga na segunda división, coas adestradoras Olivia e Eva. (Foto cedida).
INFANTIL FEMININO
As xogadoras que integran a categoría infantil de segunda división, adestradas por Olivia González e Eva Rodríguez, son Ana Karina Pérez, Antía Pérez, Cecilia Quiroga,Lucía Pérez, Carmen Martínez, Candela Vázquez, Ainara de la Fuente, Lara Rodríguez e Candela Rodríguez.
Equipo cadete feminino de terceira división, coas adestradoras Olivia e Eva, xogadora tamén do xuvenil do CV Ribeira Sacra. (Foto cedida).
Equipo cadete feminino de terceira división, coas adestradoras Olivia e Eva, xogadora tamén do xuvenil do CV Ribeira Sacra. (Foto cedida).
CADETE FEMININO
O Korbis estrea este ano equipo cadete feminino, baixo as órdenes de Olivia González e Eva Rodríguez, e integrado polas xogadoras Sandra Espinosa, Leticia Conde, Marta Espinosa, Natalia González, Kea Rodríguez, María Varela, Alba Lemos, Verónica Brazon, Uxía Freire, Elisa Medina, Ludivina Losada e Angeli Nicole Brazon.
alevin-feminino-korbis-xogadoras
As xogadoras alevíns que adestran co Korbis e xogan cos seus centros na liga escolar. O seu adestrador, Iván Prieto, é o presidente do club Korbis.(Foto cedida).
DEPORTISTAS ALEVÍNS QUE ADESTRAN CO KORBIS
As xogadoras alevíns que adestran co Korbis, da man do adestrador e presidente do club, Iván Prieto, e compiten cos seus equipos escolares, son Ana Vázquez, Carla Hernández, Alejandra López, Gema Prada, Sara Beiran, Alba Hermida, Xiana Muñoz, Lía Codesido, Lucía Rodríguez, Paula Rodríguez, Saleta Losada, Laura
Díaz e Luzia Fernández.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cultura retomará as axudas específicas para Escolas de Bandas de Música

Seguinte Nova

Máis gasto social e máis axudas a asociacións na proposta de Orzamentos municipais de Monforte para 2017

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: