Quiroga será unha das sedes provinciais do I Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino

•O circuíto contará coa participación de preto de 300 xogadores de toda a provincia

Presentación en Lugo do I Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino, que se desenvolverá en Láncara, Vilalba, Cervo, Quiroga e Fonsagrada nos vindeiros meses. GPDL.
Presentación en Lugo do I Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino, que se desenvolverá en Láncara, Vilalba, Cervo, Quiroga e Fonsagrada nos vindeiros meses. GPDL.
• Quiroga acollerá unha das fases do I Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino, que se desenvolverá en cinco vilas lucenses dende este mes ata xuño de 2017.
MÁIS BALONCESTO DE BASE POR TODA A PROVINCIA
A iniciativa está promovida pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, cunha achega económica de 1.500 euros. Segundo explicou na presentación do evento o director deportivo da Asociación Sagrado Corazón, Rubén Engroba, a idea é incentivar o baloncesto en concellos que están creando equipos de base ou non os teñen, “pero que contan con magníficas instalacións para a súa prática”.
A competición está destinada a xogadores nacidos en 2002 e anos posteriores en categorías non federativas. A organización estima unha participación de preto de 300 xogadores.
A proba comezou en Láncara o 8 de decembro, e continuará en Vilalba o 7 e 8 de xaneiro. Cervo acollerá a sesión do 25 de febreiro, e a quenda de Quiroga será o 8 e 9 de abril. A final disputarase na Fonsagrada en xuño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A nova lei de benestar animal defenderá o sacrificio cero e loitará contra o maltrato

Seguinte Nova

A Xunta entregou en Quiroga novo material para emerxencias por neve

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: