A futbolista Vero Boquete falou en Chantada sobre a igualdade no deporte

A estrela do fútbol feminino internacional defendeu a igualdade entre homes e mulleres nesta disciplina

Vero Boquete estivo acompañada pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, na súa visita a Chantada a finais de decembro.  GPXG
Vero Boquete estivo acompañada pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, na súa visita a Chantada a finais de decembro. GPXG

• O IES Lama das Quendas de Chantada despediu o primeiro trimestre do curso escolar coa visita da futbolista Vero Boquete. A estrela do fútbol internacional feminino estivo no centro chantadino para promover os valores de igualdade entre mulleres e homes no mundo do deporte.
A figura de Boquete como referente para as mulleres no deporte está avalado polo seu amplo currículo como futbolista de alto nivel nun eido tradicionalmente masculino. Ademais, Vero Boquete ostenta actualmente o cargo de embaixadora UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.
A deportista estivo acompañada en Chantada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez. Ambas destacaron a importancia da testemuña de Boquete para fomentar a igualdade no deporte. Esta tarefa estase a desenvolver na Escola Vero Boquete, que vén de asinar un protocolo de actuación coa Secretaría Xeral da Igualdade para realizar diversas actividades neste eido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte pedirá un segundo obradoiro para completar o axardinamento de Cobas

Seguinte Nova

Presentan a Asociación Chantada contra o Cancro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: