ESPECIAL BALANCE DEPUTACIÓN DE LUGO: UNHA DEPUTACIÓN COAS PERSOAS, SOCIAL E RURAL

A Deputación de Lugo coas persoas: Un ano en impulso do emprego, dos servizos sociais e do rural nos 67 Concellos da provincia

Presentación do Plan de Impulso Rural, no que o Goberno da Deputación destina 2,2 millóns de euros a financiar 311 actuacións no 67 concellos da provincia. GPDL
Presentación do Plan de Impulso Rural, no que o Goberno da Deputación destina 2,2 millóns de euros a financiar 311 actuacións no 67 concellos da provincia. GPDL

• O Goberno da Deputación de Lugo vén de desenvolver en 2016 diversas actuacións para atender ás necesidades das persoas, dos máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos. O Executivo centrou as súas políticas no impulso e fomento do emprego, dos servizos sociais e do conxunto das infraestruturas públicas, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a igualdade de oportunidades das persoas dunha provincia como é Lugo, avellentada, 100% rural, cunha forte dispersión territorial e afectada gravemente polo despoboamento demográfico.
Estas actuacións intégranse en programas de acción directa dende a Deputación, como noutros programas levados aos Concellos, dotados de máis de 10 millóns de euros, e que o Goberno provincial decidiu distribuir en base a criterios totalmente obxectivos: a taxa de paro, o índice de envellecemento, a poboación, os núcleos poboacionais e o esforzo fiscal.•

●EMPREGO: A Deputación de Lugo é a administración galega que máis inviste en emprego na provincia: case 17 millóns de euros e xeración de 1.309 postos de traballo en 2016

Imaxe de arquivo do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e do vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, con traballadores do programa Ben Empregado. GPDL
Imaxe de arquivo do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e do vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, con traballadores do programa Ben Empregado. GPDL

•BEN EMPREGADO 1: 4,5 millóns de euros e 238 empregos

• O obxectivo do Ben Empregado, en todas as súas fases, é crear emprego, mellorar a competitividade das empresas lucenses, e contribuír á actividade dos colectivos sociais sen ánimo de lucro.
Co Ben Empregado 1, a Deputación financiou os gastos laborais de 238 traballadores que antes estaban no paro, en 212 empresas e entidades lucenses, durante 1 ano. Esta programación está a piques de finalizar.
Os datos de inserción laboral son moi positivos, acadando o 40%. Un total de 86 lucenses seguen a traballar, pero agora con novos contratos que xa asumen as empresas e entidades nas que foron contratados a través do Ben Empregado 1. Case o 14% destes novos empregos están na zona sur, e a comarca de Sarria reúne outro 7% dos novos traballos.•

•BEN EMPREGADO 2: 5 millóns de euros e 308 empregos

• Dado o éxito da primeira fase, con máis de 4.000 solicitudes, o Goberno da Deputación puxo en marcha o Ben Empregado 2, aínda en execución durante 2017, e no que se financia con 5 millóns de euros os custos laborais doutros 308 empregos.
Estes postos de traballo sitúanse en 286 empresas e entidades de 61 Concellos lucenses, das que 43 son do sur da provincia, e 36 da comarca de Sarria. •

•BEN EMPREGADO 3: 2,4 millóns de euros e 200 empregos

• Mentres seguen en marcha as dúas fases anteriores, o Goberno provincial iniciou a terceira edición, mellorada e dándolle un carácter máis social.
O Ben Empregado 3 ten dúas liñas de actuación:
– Para empresas lucenses: A Deputación subvenciona o 50% dos custos laborais de desempregados, e o 100% só no caso de parados con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Ata agora, a Deputación subvencionaba o 100% de todos os novos contratos, pero nesta quenda o Goberno provincial busca maior implicación das empresas para fomentar, conxuntamente, a inserción laboral das persoas que teñen máis dificultades. A Deputación quere que as empresas que, finalmente, resulten beneficiadas, o sexan porque realmente necesitan traballadores.
– Para entidades e colectivos sen ánimo de lucro: a subvención será do 100% dos gastos de contratación.
Novidades do Ben Empregado 3:
-As empresas que na fase 1 non contrataron aos traballadores tras rematar a subvención non poden participar na fase 3.
-Servizo de Intermediación Laboral para axudar aos traballadores a integrarse nas empresas e entidades
-Sufrágase o equipamento necesario para que as persoas con capacidades especiais poidan facer o seu traballo.
O Ben Empregado ofrece emprego de calidade grazas á inclusión de cláusulas sociais nos contratos, para blindar os dereitos dos traballadores, e valorando as propostas que inclúan medidas de conciliación, formación, etc. Ademais, aumenta o control do cumplimento destas cláusulas sociais.

•LUGOWORK: 2 millóns de euros e 300 empregos xuvenís

• Este programa, dotado con 2 millóns de euros que o Goberno da Deputación captou da Unión Europea a través da EOI, vai dirixido a mozos e mozas lucenses, entre 18 e 30 anos, que sexan desempregados e estean inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.
O obxectivo do LugoWork é a “verdadeira” inserción laboral da mocidade, de xeito que, unha vez rematado o programa e a subvención, os mozos sigan a traballar. De aí que este programa sexa participativo (o primeiro destas características que se fai na provincia), axustando a demanda de emprego á oferta.
Co LugoWork, a Deputación ofrece, primeiro, formación en nichos de emprego da provincia, definidos previamente, e de xeito conxunto, co tecido empresarial lucense. Despois, a Deputación ofrece axudas económicas de 5.000 euros a empresas e entidades da provincia, seleccionadas nun procedemento público e aberto, para contratar a estes novos profesionais con formación especializada.
Tamén se fomenta o emprendemento, con axudas de 3.000 euros aos mozos formados que decidan abrir os seus propios negocios.•

•DEPUEMPREGO: 3 millóns de euros e 263 empregos

• É o plan de emprego da Deputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. O DepuEmprego  busca xerar emprego nos municipios e reforzar a prestación de servizos públicos municipais. Neste programa, que é unha aposta persoal do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o organismo provincial asume o 100% dos custos laborais dos traballadores, e os Concellos, ademais de definir os perfís que necesitan, encárganse de desenvolver as bases e os procedementos selectivos.
Actualmente, preto de 100 persoas xa están a traballar grazas ao DepuEmprego en toda a provincia, 31 das cales corresponden ao sur de Lugo. Na comarca de Quiroga, contratáronse 2 persoas en Folgoso, e 5 en Quiroga. Na comarca chantadina, o Concello de Carballedo incorporou 3 novos traballadores, mentres que en Taboada contrataron a outros 4. Na comarca de Lemos, Sober realizou 7 novas contratacións, Monforte formalizou 3, A Pobra do Brollón ten 2 novos traballadores, e Bóveda outros 2, cifra que se repite no Concello de Pantón.
Outros 10 concellos lucenses están a tramitar a contratación de 32 novos traballadores, como no caso do Incio, que vai incorporar 8 novos postos de traballo.

 

●SERVIZOS SOCIAIS: O Goberno provincial promoveu diversas actuacións para favorecer a igualdade de oportunidades en toda a provincia

•Ademais, o organismo provincial levou a cabo melloras no Servizo a Domicilio, que actualmente atende a 1.800 maiores da provincia, e na Teleasistencia, facéndoa totalmente gratuíta e creando 650 novas prazas

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, na súa visita a unha usuaria do servizo de Teleasistencia. GPDL
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, na súa visita a unha usuaria do servizo de Teleasistencia. GPDL
• Facer da Deputación de Lugo unha institución máis social e máis implicada co rural está a ser o obxectivo de acción do Goberno provincial. Con esta finalidade, o equipo de Goberno da Deputación busca atender por igual a todas as persoas da provincia, aos 350.000 lucenses dos 67 Concellos, favorecendo a igualdade de oportunidades, primando aos que máis o necesitan, aos colectivos en risco de exclusión social, e aos cidadáns que viven en zonas rurais, con menos servizos públicos ao seu alcance. Para levar a efecto este compromiso, o Goberno provincial puxo en marcha diversas iniciativas en diferentes áreas, primando a atención ás persoas e ás súas necesidades.
BEN EMPREGADO 3, UN PLAN MÁIS SOCIAL
Unha mostra deste compromiso é a mellora do programa Ben Empregado 3, de carácter máis social, ao favorecer a contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.
Neste sentido, cómpre destacar que é a primeira vez que unha administración galega pon en marcha un plan de emprego que favorece a contratación de persoas con capacidades diferentes, financiando o 100% dos seus custos laborais. Esta iniciativa motivou que COGAMI concedera á Deputación de Lugo o seu premio anual en recoñecemento ao traballo dunha institución en Galicia. Cómpre sinalar que o organismo provincial deseñou o Ben Empregado 3 coa colaboración dos colectivos sociais, que lle trasladaron as súas necesidades laborais.
O resultado é un programa de emprego provincial que conta con máis de 300 perfís laborais de persoas con capacidades diferentes, e que se porá a disposición de empresas e entidades dentro das axudas para a contratación destes profesionais.
MÁIS CLÁUSULAS SOCIAIS
Outra das medidas adoptadas polo Goberno provincial foi o incremento das cláusulas sociais. Ademais de incorporalas aos seus contratos de obras e servizos para blindar os dereitos dos traballadores, tamén se inclúen en todas as súas convocatorias de axudas públicas, como o Plan de Impulso ao Rural e ao Sector Primario, para favorecer o desenvolvemento de zonas rurais con actividade agrogandeira, ou as bases das axudas de cultura e deporte, para favorecer a actividade de deportistas con problemas físicos ou psíquicos, e as programacións culturais dirixidas a persoas con capacidades diferentes, maiores ou poboación do rural.
TELEASISTENCIA GRATUÍTA, CON MÁIS PRAZAS E MÁIS HUMANA
En canto aos servizos sociais, o Goberno provincial aprobou unha ordenanza para mellorar o servizo de Teleasistencia. Este servizo pasa a ser totalmente gratuíto para os usuarios, e ofrécese a todos os maiores e persoas que sufran algunha limitación en canto á súa autonomía. Estas serían dúas diferenzas respecto á Teleasistencia da Xunta de Galicia, pois o Goberno galego obriga ao seu copago, ao tempo que limita esta prestación a persoas catalogadas como dependentes, deixando fóra a moitas persoas que necesitan este servizo.
Outra das melloras na Teleasistencia é a inclusión, por vez primeira, de baremos como o grao de soidade do solicitante, a súa capacidade na toma de decisións, ou a súa situación familiar, para valorar a concesión das prazas. Tamén puntúan o ámbito ou condicións da vivenda, a idade, os ingresos, os apoios familiares, a saúde ou o grao de discapacidade.
Así mesmo, a Teleasistencia é un servizo máis humano, porque son os propios traballadores sociais, que son os que están en contacto co día a día dos demandantes, os que valorarán a necesidade das prazas, xa que a súa concesión non pode ser un mero trámite administrativo.
Coa nova ordenanza, o Goberno provincial ofrece 650 novas prazas gratuítas de Teleasistencia, co que suman un total de 1.550 para toda a provincia.
NOVIDADES NA AXUDA NO FOGAR
O Goberno provincial tamén aplicou melloras no Servizo a Domicilio, aportando 300.000 euros máis que en 2015 para financiar este servizo, ata chegar a 1,5 millóns de euros. Con este incremento, a Deputación de Lugo financia o 30% que ata agora tiñan que aportar os Concellos trala aprobación do copago deste servizo polo Decreto 99/2012 da Xunta de Galicia. Coa achega provincial, as Axudas no Fogar pasan a ser totalmente gratuítas para os Concellos, e a Deputación financia o 100% do servizo en 66 municipios. Ademais, o organismo provincial ofreceu un anticipo do 90%, o que supuxo unha inxección inmediata aos Concellos de 1.350.000 euros para impulso dos servizos sociais. Así mesmo, o Goberno provincial decidiu tramitar estas achegas vía convenio, para axilizar a concesión de fondos e axustar o servizo á realidade e necesidade de cada municipio.
As melloras na Teleasistencia permiten que os Concellos poidan financiar coas achegas provinciais tanto os gastos de persoal, como se facía ata agora, senón tamén os gastos de funcionamento do servizo, como gastos pola compra de material sanitario ou polo desprazamento de usuarios a citas médicas acompañados do persoal do Servizo a Domicilio, por exemplo.
MÁIS ACCIÓNS
A través do Centro de Innovación Social InLugo, o Goberno provincial desenvolveu programas para achegar as vantaxes das novas tecnoloxías aos maiores. En 2016, foron máis de 1.000 os maiores de toda a provincia que participaron nestas accións, tanto na sede de Lugo como nas actividades que se levaron aos Concellos.
Xunto a estas iniciativas, a Deputación mantén unha estreita colaboración co conxunto asociativo social, contribuíndo a súa actividade e proxectos con axudas que en 2016 superaron os 700.000 euros. Por exemplo, o Executivo Provincial colabora co Banco de Alimentos con 6.000 euros para o aluguer dun almacén, ou coa Asociación de Dano Cerebral Adquirido con 12.000 para o seu centro de día. A Deputación tamén colabora en proxectos sociais, como o de COGAMI, aportando 50.000 euros para o funcionamento do Servizo de Intermediación Laboral impulsado por este colectivo. •

MELLORAS NO SERVIZO DE TELEASISTENCIA

● O Goberno provincial elaborou unha nova ordenanza para mellorar o servizo de Teleasistencia. Estas melloras concrétanse nos seguintes puntos:
•o servizo agora é totalmente gratuíto
•agora vai dirixido a todos os maiores ou persoas que sufran algunha limitación en canto á súa autonomía
•ofrece outras 650 novas prazas tamén gratuítas
•agora é un servizo máis social e profesional, porque introduce baremos psicosociais e psicosanitarios para a concesión das prazas
•agora é un servizo máis humano, xa que son os traballadores sociais os que valoran as necesidades dos solicitantes.•

MELLORAS NO SERVIZO A DOMICILIO

● A Deputación financia o 100% do custe que este servizo supoñía para os Concellos de menos de 20.000 habitantes, incrementando a partida ata os 1,5 millóns de euros, de xeito que:
•por vez primeira, as Axudas no Fogar son totalmente gratuítas para os concellos
•tamén por vez primeira, os Concellos poden pedir un anticipo do 90% deste financiamento
•as partidas achéganse vía convenio, o que axiliza a concesión dos fondos
•a Deputación financia agora, ademais dos gastos de persoal, tamén os do seu funcionamento•

BENESTAR E TURISMO SAUDABLE NO LUGO TERMAL

● As accións en materia de benestar social que impulsou o Goberno provincial inclúen o Lugo Termal, un programa que ofrece a maiores de 55 anos un total de 500 prazas subvencionadas para tratamentos mineromedicinais con estancia nos 4 balnearios da provincia, así como prazas totalmente gratuítas para determinados tratamentos, que non inclúen estancia. Con este plan, o Executivo facilita o acceso a estes terapias, ao tempo que fomenta o turismo termal na provincia.•

●A DEPUTACIÓN COS CONCELLOS: O Goberno provincial inxectou directamente aos concellos máis de 10 millóns en programas obxectivos e adaptados

•Desenvolvéronse un total de 8 programas ao longo de 2016, coa sinatura de máis de 500 convenios cos Concellos en diversas áreas, axustando cada programación provincial ás necesidades de cada municipio •As partidas distribuíronse en base a criterios obxectivos

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, cos integrantes do seu equipo de Goberno no organismo provincial. GPDL
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, cos integrantes do seu equipo de Goberno no organismo provincial. GPDL

• No 2016, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto aos seus compañeiros no Goberno provincial, decidiu poñer en marcha, a través dos Concellos, un total de 8 programacións en diversas áreas, inxectando nas arcas municipais máis de 10 millóns de euros, distribuídos con criterios obxectivos. As programacións, adaptadas ás necesidades de cada Concello, incorporaron accións de reforzo do emprego, políticas sociais, infraestruturas e servizos públicos no rural. Con este fin, redactáronse e asináronse o pasado ano un total de 528 convenios cos municipios.
Por este motivo, cando se está a falar dun plan único nos Concellos, consistente na distribución de fondos de programas provinciais con criterios totalmente obxectivos, non suporía nada novidoso na Deputación lucense. Os responsables do organismo provincial sinalaron  ao respecto que Campos Conde xa levou este ano 2016 aos Concellos varios plans, superando os 10 millóns de euros, que se distribuíron en base aos criterios da taxa de paro, o envellecemento, a poboación, a superficie, o número de núcleos poboacionais , e o esforzo fiscal.•

•Reforzo do emprego e servizos municipais

● Con este fin, a Deputación puxo en marcha o DepuEmprego (con 3 millóns de euros), para Concellos de menos de 20.000 habitantes (todos agás Lugo). Aplicando criterios obxectivos, cada municipio recibiu entre 27.000 e 67.000 euros, cos que o organismo provincial financia os custes laborais dos novos traballadores que reforzarán os servizos municipais. Hai que ter en conta que, debido ás limitacións legais do Goberno central, os Concellos non poden contratar novo persoal propio. A Deputación aportou estas achegas vía convenio, ofrecendo aos municipios un adianto do 90%, co que se lles inxectaron de xeito inmediato 2,7 millóns de euros.
Na comarca de Sarria, o Goberno provincial inxectou un total de 307.360,03 euros, e na de Lemos 303.791,45 euros. A comarca de Chantada recibiu 166.443,85 euros, e a de Quiroga 108.689,84 euros.•

•Reforzo das infraestruturas municipais

● O presidente da Deputación decidiu triplicar a achega do Plan de Obras e Servizos, ata sumar preto de 3,7 millóns de euros. Distribuíronse segundo a poboación, a superficie, o número de entidades de poboación e o esforzo fiscal de cada Concello. Con estas achegas, os Concellos contratan obras de mellora de servizos públicos municipais.•

•Apoio a través do Plan de Aforro Enerxético

● Para axudar aos concellos pequenos, aqueles que teñen menos de 20.000 habitantes e, por tanto, dispoñen de menos recursos, está pensado o Plan de Aforro Enerxético provincial, dotado de 1,5 millóns de euros.
Este programa é unha aposta persoal do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, que como alcalde que tamén é, coñece de primeira man que os gastos enerxéticos supoñen un importante gasto, ademais imprescindible, para as arcas municipais. Segundo apuntaron os responsables do Plan, o gasto medio anual tan só polos custos da luz municipal dun Concello de menos de 5.000 habitantes é de 200.000 euros.
As achegas por municipio oscilan entre 16.000 e 46.000 euros. O presidente provincial decidiu adiantar o 50% destes importes, o que supuxo unha aportación inmediata dun total de 750.000 euros na provincia.
O Plan establece que os Concellos poden elixir, segundo as súas necesidades, a liña de financiación máis conveniente: melloras na rede de alumeado público, coas que aforrar máis dun 20% na factura anual de luz; instalación de caldeiras ou estufas de biomasa para reducir os custos térmicos ata un 40% anual; ou illamentos térmicos, alixeirando nun 10% a factura anual de calefacción.
Deste xeito, o Plan financia 61 melloras en alumeados públicos, 30 instalacións de caldeiras de biomasa, e 9 illamentos térmicos en instalacións públicas municipais de 66 concellos.
As axudas tramitáronse vía convenio, e os criterios de reparto foron a superficie, a densidade poboacional, o número de núcleos e o esforzo fiscal.•

•Reforzo dos servizos sociais nos municipios

• O Goberno provincial decidiu incrementar ata os 1,5 millóns a achega da Deputación para o Servizo a Domicilio, de xeito asume todos os gastos desta prestación, que será gratuíta aos Concellos. Os municipios viñan aportando o 30% dos gastos logo de que a Xunta obrigase en 2012 aos municipios a asumir esta porcentaxe, sen aportar orzamento pola súa parte.
A achega repartiuse segundo o índice de envellecemento dos municipios, a superficie, a densidade de poboación e  as unidades de poboación. Os Concellos recibiron así entre 6.000 e 15.000 euros, para atender a un total de 1.800 maiores na provincia. As axudas tramitáronse vía convenio, o que permitiu adaptar as achegas ás necesidades de cada municipio. Os concellos poden decidir se queren usar o importe da achega para contratar máis persoal, ou custear gastos de funcionamento do servizo aos usuarios actuais.•

•Apoio aos concellos para aforrar na implantación das TIC

• A entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a do Réxime Xurídico do Sector Público obriga a todos os Concellos a realizar cambios nas súas ferramentas tecnolóxicas. Para axudarlles a custear este proceso, a Deputación promoveu un Plan de TIC’s nos Concellos, con 300.00 euros, que achegou entre 3.300 e 6.300 euros a cada un dos 66 concellos de menos de 20.000 habitantes.•

•Apoio á dinamización cultural nos concellos

• Destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes, as achegas da Deputación aos municipios para colaborar na financiación de actividades culturais ascenderon a 80.000 euros. Cada Concello recibiu entre 1.000 e 1.600 euros, vía convenio, co que puideron adaptarse ás necesidades de cada municipio.•

•Apoio á actividade deportiva nos concellos

• Tamén pensadas para os pequenos concellos, as axudas provinciais sumaron 80.000 euros, para que os municipios financien actividades de carácter deportivo: escolas municipais, campionatos ou competicións. As achegas oscilaron entre os 1.000 e os 1.800 euros, tramitados por convenio. •

•Apoio ás melloras das instalacións culturais municipais

• Con 80.000 euros, a Deputación axudou aos pequenos concellos a financiar pequenas obras de mellora ou a compra de equipamento para as instalacións culturais municipais. Os importes correspondentes por municipio, vía convenio, foron de entre 1.000 e 1.600 euros. •

 

●RURAL: O Goberno da Deputación financia no sur de Lugo 60 actuacións de impulso do sector primario e o rural

• O Executivo provincial aprobou 443.600 euros nestes investimentos, destinados a núcleos do rural dos 11 Concellos do sur aos que pertencen os colectivos veciñais beneficiados das axudas do Plan de Impulso Rural

Presentación do Plan de Impulso Rural, no que o Goberno da Deputación destina 2,2 millóns de euros a financiar 311 actuacións no 67 concellos da provincia. GPDL
Presentación do Plan de Impulso Rural, no que o Goberno da Deputación destina 2,2 millóns de euros a financiar 311 actuacións no 67 concellos da provincia. GPDL
• A comezos deste mes, o Goberno provincial resolveu as subvencións do Plan de Impulso Rural e ao sector primario, por un importe total de  2,2 millóns de euros, e concedidas a colectivos veciñais dos 67 concellos lucenses. En total, a Deputación financia 311 actuacións para favorecer a actividade agrogandeira na nosa provincia, e mellorar a calidade de vida no rural.
ACTIVIDADE AGROGANDEIRA E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA NO RURAL DA NOSA PROVINCIA
Segundo explicaron os responsables provinciais, as axudas concedéronse a colectivos veciñais de toda a provincia, que participaron nun proceso público de concorrencia competitiva aberto a toda á cidadanía. As actuacións subvencionadas permitirán, por unha  banda,  impulsar o sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonadas, para o que se outorgaron 65 axudas duns 230.000 euros. Estas achegas serviron, segundo explicaron dende a Deputación, para poñer en produción preto de 520 hectáreas que estaban baldías, nunha medida pioneira nas administracións públicas de Galicia.
En canto ao sector pesqueiro, concedéronse 31 subvencións de case 90.000 euros para mellorar embarcacións de pesca de baixura e dotalas de novo equipamento. Para o eido vitivinícola, as axudas ascenden a 88.800 euros, cun total de 17 axudas para o acondicionamento de viñedos na provincia. O sector hortícola tamén contou con achegas dentro deste Plan, por un importe total de 126.600 euros, repartidos en 28 axudas.
As infraestruturas tamén están contempladas no Plan de Impulso Rural, que financia 65 axudas con 724.400 euros para o acondicionamento de accesos a núcleos rurais cuxa actividade principal estea vinculada ao sector agrogandeiro.
O Plan favorece así mesmo a mellora das traídas de auga, unha das solicitudes máis demandadas polos colectivos veciñais, sobre todo nos núcleos con actividade agrogandeira. Con este fin, a Deputación aportou 603.000 euros distribuidos en 44 subvencións.
Por último, o Plan de Impulso Rural destina 323.450 euros a 61 axudas para a mellora e equipamento dos centros sociais de zonas rurais, con fin de promover a dinamización destas localidades.
PRETO DE 500 SOLICITUDES PARA AS PRÓXIMAS SUBVENCIÓNS, DOTADAS CON 2,2 MILLÓNS DE EUROS
Os técnicos provinciais xa están a avaliar preto de 500 novas solicitudes, remitidas por colectivos veciñais, que concorren ás novas axudas da Deputación por valor de 2,2 millóns de euros para mellorar a dotación de servizos públicos en todos os concellos lucenses.
31.685 EUROS PARA 3 ACCIÓNS EN BÓVEDA
No municipio de Bóveda, a Deputación financia con 31.685 un total de 3 accións, unha delas para recuperación de terras baldías, con 9.000 euros, e dúas para mellora e dotación de centros sociais, por importe de 22.685 euros.
9 AXUDAS EN MONFORTE POR 59.200 EUROS
O Plan de Impulso Rural da Deputación resolveu 9 subvencións para colectivos veciñais en Monforte de Lemos, financiadas cun total de 59.200 euros. Deste importe, 9.242 euros van destinados a 3 axudas para acondicionamento de viñedos, 31.160 euros para a mellora de accesos públicos a núcleos rurais, 11.925 euros para unha traída de auga, e 6.872 euros para financiar 2 melloras e equipamentos en centros sociais das parroquias.
26.892 EUROS EN MELLORAS EN PANTÓN
As axudas que o Plan de Impulso Rural financia en Pantón suman 26.892 euros, distribuidos en 6 actuacións. Acondicionaranse viñedos con 3 subvencións de 17.660 euros, e se van mellorar e equipar 3 centros sociais de parroquias cun total de 9.232 euros.
MEDIA DUCIA DE SUBVENCIÓNS POR 54.000 EUROS EN BROLLÓN
A Pobra do Brollón beneficiarase de 6 subvencións a colectivos veciñais, por importe total de 54.000 euros. Poderanse acondicionar e dotar 2 invernadoiros cun total de 10.000 euros, e disporanse de 20.000 euros en dúas subvencións para novas traídas de auga e arranxo das existentes. Ademais, financiaranse con 24.000 euros a mellora e dotación de 2 centros sociais.
UN TOTAL DE 7 AXUDAS QUE SUMAN 62.800 EUROS NO SAVIÑAO
Para este municipio, a Deputación resolveu 7 achegas a colectivos veciñais. Son 39.000 euros distribuídos en 4 actuacións para recuperar terras abandonadas, 11.800 euros para 2 actuacións en viñedos, e 12.000 euros para a mellora e equipamento dun centro social.
4 ACTUACIÓNS POR 35.934 EUROS EN SOBER
O Plan de Impulso Rural financia en Sober 4 actuacións por valor total de 35.934 euros. Deste importe, 4.958 euros inclúen unha subvención de arranxo de viñedos, e os restantes 30.976 euros financiarán arranxos en accesos a núcleos.
CONCEDIDAS 4 AXUDAS  POR 21.121 EUROS EN QUIROGA
No municipio de Quiroga, foron 4 as subvencións concedidas a asociacións veciñais no Plan de Impulso Rural, por un total de 21.121 euros, que se destinarán integramente ao acondicionamento de viñedos.
21.196 EUROS EN DÚAS ACHEGAS PARA RIBAS DE SIL
Pola súa banda, o Plan de Impulso Rural destina a colectivos veciñais de Ribas de Sil 2 subvencións por 21.196 euros. Desta cantidade, 12.000 adicaranse a acondicionar accesos a núcleos, e os restantes 9.196 euros asignaranse á mellora de traídas de auga.•
● Para COLECTIVOS VECIÑAIS DO SUR DE LUGO, a Deputación aprobou 8 axudas por 62.435 euros para a posta en valor de terras baldías; 17 subvencións para o acondicionamento de viñedos con 88.800 euros; 5 achegas por un total de 23.912 euros para acondicionamento e dotación de invernadoiros; 98.136 euros en 9 axudas para acondicionar accesos a núcleos con actividade agrogandeira; 7 axudas por 85.071 euros para novas traídas de auga ou acondicionamento das existentes en núcleos con actividade agrogandeira; 85.255 euros en 14 subvencións para mellorar os centros sociais das parroquias.•
19 SUBVENCIÓNS PARA A COMARCA DE CHANTADA
● O Goberno da Deputación de Lugo financia en Carballedo 2 actuacións por importe total de 10.521 euros. A primeira acción, dotada con 3.112 euros, servirá para acondicionar invernadoiros, e a segunda irá para mellora e equipamento de centros sociais, con 7.409 euros.
Pola súa banda, o Goberno provincial resolveu 10 subvencións para Chantada, por importe global de 56.706 euros. Unha achega de 3.825 euros irá para recuperar terras baldías, mentres que se destinan 18.000 euros a tres axudas para acondicionar viñedos. Os arranxos de invernadoiros contarán con 10.800 euros en 2 subvencións, e concedéronse 12.000 euros para unha achega destinada a arranxar accesos. A mellora de centros sociais desenvolverase en 3 axudas de 12.077 euros en total.
Así mesmo, dentro do Plan investíronse en Taboada 63.534 euros en 7 actuacións, dúas delas adicadas á recuperación de terras baldías, por importe de 10.610 euros. Outra das achegas, de  5.999 euros, vai destinada á recuperación de viñedos. As melloras da traída de auga a núcleos agrogandeiros centran 3 axudas, cun importe total de 43.950 euros. Por último, as obras e equipamento de centros sociais do rural contará cunha axuda de 2.975 euros neste municipio.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CB Sarria aposta pola seguridade e a saúde no deporte

Seguinte Nova

O Concello de Monforte reedita o Cancioneiro de Manuel María

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: