Intensa dinamización do comercio sarriao durante as datas do Nadal

•Dende ACES-Sarria organizaron diversas actividades para todos os públicos, co obxectivo de incentivar as compras nos establecementos asociados

O establecemento Cris Abad foi o gañador do Concurso de Escaparates da Campaña de Nadal, organizada por ACES-Sarria, dentro do programa de actividades desenvolvido nestas datas. (Foto cedida: ACES-Sarria).
O establecemento Cris Abad foi o gañador do Concurso de Escaparates da Campaña de Nadal, organizada por ACES-Sarria, dentro do programa de actividades desenvolvido nestas datas. (Foto cedida: ACES-Sarria).
• As datas do Nadal contaron en Sarria, un ano máis, con diversas actividades para todos os públicos, pensadas para disfrutar coa compra no pequeno comercio. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES-Sarria) desenvolveu un intenso programa de actos, co obxectivo de dinamizar o ambiente nas principais rúas, promover o consumo, e incentivar que veciños e visitantes mercaran nos establecementos asociados.
CONCURSO DE ESCAPARATES CON VOTACIÓN NAS REDES
Entre os días 19 e 24 de decembro, un total de 21 establecementos sarriaos participaron no Concurso de Escaparates da Campaña de Nadal, nun certame que se votou a través das redes sociais. Nesta iniciativa participaron os comercios Colorín Colorado, Mercería Sarillo, Estanco Gallego, Moncho Moda, Dos Ruedas, Santamarta, Bicarelo, Cris Abad, Ultreia, Slow Dream, Habitat’s, Duet Moda, Floristería Madeira, Isabel Moda, Calzados Veiga, Panadería Pallares, Joyería Díaz, Manuel Estilista, Villamey Complementos, Calzados Gayoso, e Qué Bonito!.
O gañador do Concurso de Escaparates foi Cris Abad, con 278 “me gusta” nas redes sociais, seguido por Slow Dream, con 210, Panadería Pallares con 137, e Manuel Estilistas, con 120.
MÁIS DE 200 AGASALLOS NA RULETA DO NADAL
Outra das actividades de animación organizada por ACES-Sarria durante o mes de decembro foi a Ruleta do Nadal,  instalada durante toda a xornada do 27 de decembro na confluencia da rúa Calvo Sotelo con Marquesa Casa López. A actividade estivo aberta a todas aquelas persoas que presentaran tiques de compras realizadas nos establecementos do comercio asociado entre os días 22 e 27 de decembro. Cada 100 euros en compras daban dereito a unha tirada na Ruleta, que repartiu máis de 200 agasallos, entre os que se encontraban varias tarxetas regalo por un importe total de 1.000 euros.
RULETA INFANTIL PARA OS MÁIS CATIVOS
No mesmo emprazamento, instalouse o 4 de xaneiro a Ruleta Infantil, aberta a todos os nenos e nenas que presentaran algún tique de compra no comercio asociado, por importe total de 10 euros. Cada participante tivo dereito a unha única tirada da Ruleta Infantil, para poder optar a un dos agasallos que se repartiron nesta iniciativa.
VISITA DE PAPÁ NOEL
A Ruleta Infantil complementouse coa presenza do Paxe Real, que recolleu as cartas dos cativos para facerllas chegar aos Reis Magos. Os nenos e nenas de Sarria tamén puideron disfrutar da visita de Papá Noel durante a xornada do día 24, nun total de 18 establecementos asociados.•

•COMERCIO SOLIDARIO COS MÁIS CATIVOS NO NADAL

• O comercio asociado de Sarria amosou estes días a súa faciana máis solidaria, a través da campaña “Inocente, inocente”.
CRUZ VERMELLA DE SARRIA REPARTIRÁ OS XOGUETES E LIBROS RECOLLIDOS
Segundo explicaron os responsables de ACES-Sarria, esta iniciativa comezou o 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, para recoller xoguetes e libros a beneficio da Cruz Vermella de Sarria, encargada de repartir os agasallos entre os cativos das familias máis necesitadas.
26 COMERCIOS ASOCIADOS FORON OS PUNTOS DA RECOLLIDA SOLIDARIA 
Na campaña “Inocente, inocente” participaron un total de 26 establecementos asociados, que funcionaron como puntos de recollida dos xoguetes e libros doados polos clientes. Ábaco Sistemas Informáticos, Ara Moda, Bambi, Bicarelo, Cactus Rose, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlin, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Isabel Moda, Kaxa Estilistas, Leston Consulting, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver’s Sarria, Panadería Pallares, Piltras, Qué Bonito!, Santamarta, Slow Dream e Ultreia foron os comercios adheridos a esta iniciativa solidaria, que se prolongou ata o 4 de xaneiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Centros educativos de Sarria e Chantada adheríronse ao Plan Proxecta de Educación

Seguinte Nova

A Xunta incrementou en 240 horas ao mes no servizo de axuda no fogar a dependentes en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: