Monforte pedirá un segundo obradoiro para completar o axardinamento de Cobas

•Os traballos do obradoiro de emprego, que empleou a un total de 24 persoas, quedarán rematadas este mes

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou os traballos do obradoiro de emprego de Cobas, acompañado polo alcalde de Monforte, José Tomé, e a voceira do PP no Concello, Julia Rodríguez, o 9 de xaneiro. GPCM.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou os traballos do obradoiro de emprego de Cobas, acompañado polo alcalde de Monforte, José Tomé, e a voceira do PP no Concello, Julia Rodríguez, o 9 de xaneiro. GPCM.
• O Concello de Monforte vai solicitar á Xunta de Galicia unha segunda parte do obradoiro de emprego que se desenvolveu nos últimos cinco meses na área de Cobas. O alcalde de Monforte, José Tomé, trasladou esta petición ao delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, cando visitou os traballos na zona o pasado 9 de xaneiro.
POÑER EN VALOR UNHA ZONA DE LECER
“Inicialmente, o Concello tiña un proxecto moito máis ambicioso”, explicou Tomé, en referencia ao obradoiro de emprego solicitado polo Consistorio para o acondicionamento do espazo medioambiental de Cobas. “A solicitude inicial tiña máis módulos e máis traballadores”, precisou, e o que pretende o Concello é completar a recuperación das marxes do río e poñer en valor a zona degradada de Cobas e da Pinguela, “unha zona que cada vez empregan máis veciños durante o seu tempo de lecer”. Por este motivo, o rexedor monfortino adiantou que o Concello vai solicitar un segundo obradoiro para dar continuidade a estes traballos. O alcalde amosou a súa confianza en que a Xunta outorgue ao Concello outra subvención similar neste ano, “o que suporía unha nova oportunidade de formar xente e mellorar a súa empregabilidade nun nicho de emprego tan importante como o medio ambiente”, destacou Tomé.
Pola súa banda, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou a importancia destes programas mixtos de formación e traballo. No obradoiro de emprego de Monforte, 20 persoas recibiron formación remunerada sobre instalación e mantemento de xardíns, ademais doutras 4 persoas en tarefas de xestión e docencia. A Xunta investiu neste obradoiro 179.134,20 euros, que se completaron con 45.100 euros aportados polo Concello de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta incrementou en 240 horas ao mes no servizo de axuda no fogar a dependentes en Sober

Seguinte Nova

A futbolista Vero Boquete falou en Chantada sobre a igualdade no deporte

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss