•O clube sarriao comeza o ano mellorando o equipamento sanitario das súas instalacións, coa incorporación dun desfibrilador externo semiautomático no pavillón do Novo Chanto
• A finais de decembro, a directiva do CB Sarria fixo entrega ao Concello do desfibrilador externo semiautomático adquirido pola entidade deportiva para o seu uso no pavillón do Novo Chanto.
DISPOSITIVO PATROCINADO POLO NOTARIO LÓPEZ YÁÑEZ
Segundo explicaron os responsables do clube, a entidade viña desenvolvendo dende había meses unha campaña de recollida de fondos para custear este dispositivo, fundamental para a primeira asistencia en situacións de emerxencia cardíaca. O clube realizou unha venda de chapas conmemorativas desta iniciativa, e cando se lle ofreceu unha ao notario de Sarria, Juan José López Yáñez, este amosou o seu interese pola campaña, e ofreceuse a abonar a totalidade do custo do dispositivo, por entender “a relevancia da protección que ofrece este recurso nun lugar de prática deportiva”, segundo explicaron os directivos do clube. Con esta aportación económica, a directiva do CB Sarria adquiriu o desfibrilador, e destinou os fondos captados na campaña á adquisición de material médico e farmacéutico para a asistencia e protección dos usuarios do pavillón.

Posteriormente, o CB Sarria organizou un acto oficial de doazón do desfibrilador ao Concello de Sarria, no que estiveron presentes os representantes do Concello, da entidade deportiva e o patrocinador.
Como complemento, o clube organizou unha charla formativa sobre o uso do desfibrilador, a cargo de profesionais, e na que participaron preto de 50 persoas.•