Presentan a Asociación Chantada contra o Cancro

Este colectivo, pioneiro no sur de Lugo, nace como espazo para compartir experiencias, apoiar a enfermos e familiares, promover hábitos saudables e realizar actividades divulgativas

Os promotores da Asociación Chantada contra o Cancro presentaron a iniciativa a finais de decembro, co concerto benéfico de Iago Cid a beneficio deste colectivo.  (Foto: Kris Pereira's).
Os promotores da Asociación Chantada contra o Cancro presentaron a iniciativa a finais de decembro, co concerto benéfico de Iago Cid a beneficio deste colectivo. (Foto: Kris Pereira’s).
• O sur de Lugo conta dende o mes pasado cun novo colectivo cidadán. A Asociación Chantada contra o Cancro xurdiu «para dar resposta a un problema que afecta a moitas persoas, aos seus familiares e ao seu entorno». Segundo explicou en rolda de prensa a presidenta deste colectivo, María Jesús Rodríguez, «era preciso xuntarse para dar apoio aos enfermos e familias, compartir experiencias e información». A Asociación é o primeiro colectivo de loita contra o cancro que se creou no sur de Lugo.
ABERTA A TODAS AS PERSOAS DA CONTORNA
Os seus promotores explicaron que a Asociación Chantada contra o Cancro está aberta a calquer persoa dos concellos da contorna que queira unirse e tomar parte nesta iniciativa.
A Asociación Chantada contra o Cancro xa está constituída, á espera de perfilar aspectos como a cota de socio ou a concreción do programa de actividades. Coa presentación oficial do colectivo, que tivo lugar en Chantada o 20 de decembro, deuse a coñecer o primeiro evento organizado pola asociación. O músico Iago Cid ofreceu, o día 23, un concerto solidario, a beneficio de Chantada contra o Cancro, na adega Vía Romana. Os responsables da asociación agradeceron a colaboración desta adega chantadina, do propio músico Iago Cid, e dos establecementos Restaurante Pulpería Os Pendellos, Capitol Café e Mar&Bellota.
A Asociación Chantada contra o Cancro ten previsto desenvolver conferencias e obradoiros divulgativos sobre esta enfermidade e sobre a promoción de hábitos saudables.
As persoas interesadas poden contactar coa asociación en chantadacontraocancroasoc@gmail.com, ou no facebook fb.com/chantadacontraocancro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A futbolista Vero Boquete falou en Chantada sobre a igualdade no deporte

Seguinte Nova

O CB Sarria aposta pola seguridade e a saúde no deporte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss