O Concello de Monforte reedita o Cancioneiro de Manuel María

A presentación da nova edición do "Cancioneiro de Monforte de Lemos", de Manuel María, tivo lugar no Centro do Viño o pasado 25 de xaneiro. GPCM
A presentación da nova edición do «Cancioneiro de Monforte de Lemos», de Manuel María, tivo lugar no Centro do Viño o pasado 25 de xaneiro. GPCM

• O Concello de Monforte de Lemos vén de reeditar a obra «Cancioneiro de Monforte de Lemos», un libro de poemas de Manuel María editado por vez primeira en 1990 e esgotado dende hai moito tempo.
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, a reedición desta obra forma parte do programa de actividades que desenvolveu o Concello de Monforte na honra de Manuel María, con motivo do seu recoñecemento no Día das Letras Galegas 2016.
A reedición conta cunha tiraxe de 500 exemplares. O libro mantén boa parte das fotografías da primeira edición, aínda que nalgúns casos deberon ser substituídas debido á mala conservación das imaxes orixinais. Todas as fotografías son obra de Foto Arcadio e Jesús R. Montero, agás a portada, que reproduce un debuxo da ponte vella e o conxunto monumental de San Vicente.
En canto ao texto, a reedición incorpora correccións realizadas polo propio Manuel María.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ESPECIAL BALANCE DEPUTACIÓN DE LUGO: UNHA DEPUTACIÓN COAS PERSOAS, SOCIAL E RURAL

Seguinte Nova

A Casa da Xuventude ofrece en Chantada un espazo de encontro, información, lecer e cultura para os mozos e mozas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: