• Nas comarcas de Lemos e Chantada ofértanse 28 postos, e outros 16 están dispoñibles na comarca de Sarria
• Dende o 23 de xaneiro e ata o 3 de febreiro, está aberto o prazo de solicitude dos 193 novos empregos dentro do programa Ben Empregado 3. Estes postos de traballo son os solicitados por un total de 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia, que resultaron beneficiadas das axudas da Deputación de Lugo para a contratación de novos traballadores dentro deste programa.
O organismo provincial dotou ao Ben Empregado 3 con preto de 2,3 millóns de euros, cos que a Deputación financia o 100% dos custos laborais dos novos traballadores, no caso de que os contratados sexan persoas con capacidades diferentes ou pertencentes a colectivos vulnerables. Dentro desta categoría, estarían persoas con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodepentes. A Deputación financia o 50% dos gastos laborais no caso da contratación de desempregados en xeral.

28 POSTOS NAS COMARCAS DE CHANTADA E LEMOS
Dentro do Ben Empregado 3, ofértanse 28 novos empregos nas comarcas de Lemos e Chantada. En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, ofértase en Bóveda un xefe de ventas; e 6 postos en Chantada, que inclúen un comercial de autoventa, un Community Manager, un camareiro, un cociñeiro, un camareiro, un repartidor de mercancía. En Monforte de Lemos son 4 os postos ofertados: un panadeiro, un codificador de informática, un camareiro, e un peón de construción. Pola súa banda, en Pantón hai dúas prazas unha de peón agrícola e outra de peón gandeiro con Certificado de escolaridade. Na Pobra do Brollón, ofértase unha praza de repartidor, e outra de cociñeiro con FP. Así mesmo, en Quiroga, piden dous auxiliares administrativos, e en Ribas do Sil, un axudante de camareiro. No resto dos municipios, a oferta inclúe un axudante de cociña no Saviñao; un especialista en Sober, e un dependente para carnicería e reparto en Taboada.
Por outra banda, en empresas que van contratar persoas con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables, ofértase unha praza de peón forestal con Certificado Escolar e un camareiro en Monforte, e un condutor mecánico na Pobra do Brollón.
En colectivos sen ánimo de lucro, en Chantada pídese un coordinador de proxectos transmedia, e en Monforte un profesor de actividades artísticas e manuais, e un monitor de actividades físico deportivas con FP Superior. No Saviñao hai unha oferta dun licenciado en Historia.

16 POSTOS DO BEN EMPREGADO 3 NA COMARCA DE SARRIA
En empresas de contratación xeral, piden no Incio candidatos para cubrir unha praza de oficial de 3ª, unha de especialista en carpintería tradicional, e unha de especialista de oficio pedra granítica. En Láncara, solicitan un axudante de camareiro e un peón, e en Paradela, un camareiro. Pola súa banda, en Sarria hai tres ofertas, unha para o posto de repartidor, outra de enxeñeiro Técnico Industrial da especialidade en electricidade electrónica, e outra de técnico responsable de proxectos. Por último, a oferta en Triacastela inclúe un técnico aplicador en control de pragas, un carpinteiro metálico, e un camareiro de pisos.
Para a contratación de persoas con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables, precísanse un administrativo e un peón no municipio de Sarria, e un operario no de Triacastela.
En colectivos sen ánimo de lucro, ofértase no municipio de Sarria un operario de mantemento con Certificado escolar.
A relación dos postos de traballo dispoñibles no Ben Empregado 3 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do pasado 14 de xaneiro.
As persoas interesadas nalgún destes postos poden formalizar a súa solicitude nas oficinas da Deputación no Pazo de San Marcos, en Lugo.•