O portavoz de En Marea no Parlamento galego ofreceu a súa visión sobre o tema do ciclo, en torno as «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura»

• O pasado 14 de xaneiro, iniciouse no Círculo Saviñao o ciclo de conferencias «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura». O primeiro relatorio estivo a cargo de Luís Villares, portavoz do grupo En Marea no Parlamento de Galicia.
VILLARES ANALIZOU O ESTADO ACTUAL DA AUTONOMÍA
Villares falou sobre a crise demográfica, á que definiu como síntoma doutras crises como a agraria ou a industrial. O voceiro do grupo En Marea tamén abordou na súa intervención a necesidade de maior investimento social, do autogoberno económico de Galicia, e do financiamento autonómico. Así mesmo, Villares defendeu a necesidade de implantar cláusulas sociais na contratación pública, e a comarcalización de Galicia.
O lucense Luis Villares é licenciado en Dereito, xuiz e maxistrado do contencioso administrativo da Audiencia Nacional e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
PRÓXIMAS CONFERENCIAS EN ESCAIRÓN
As vindeiras intervencións no ciclo de conferencias que se desenvolven no Círculo Saviñao retomaranse o venres 27 de xaneiro, a cargo de Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro do grupo Socialista, ao que seguirá a conferencia de Ana Pontón, portavoz do BNG, o sábado 4 de febreiro.
O ciclo rematará coa intervención do portavoz do Partido Popular na Cámara galega, Pedro Puy, o sábado 18 de febreiro.•