Luís Villares abriu o ciclo de conferencias no Círculo Saviñao

O portavoz de En Marea no Parlamento galego ofreceu a súa visión sobre o tema do ciclo, en torno as «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura»

Numeroso público acudiu á conferencia de Luís Villares no Círculo Saviñao, o pasado 14 de xaneiro. (Foto cedida).
Numeroso público acudiu á conferencia de Luís Villares no Círculo Saviñao, o pasado 14 de xaneiro. (Foto cedida).
• O pasado 14 de xaneiro, iniciouse no Círculo Saviñao o ciclo de conferencias «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura». O primeiro relatorio estivo a cargo de Luís Villares, portavoz do grupo En Marea no Parlamento de Galicia.
VILLARES ANALIZOU O ESTADO ACTUAL DA AUTONOMÍA
Villares falou sobre a crise demográfica, á que definiu como síntoma doutras crises como a agraria ou a industrial. O voceiro do grupo En Marea tamén abordou na súa intervención a necesidade de maior investimento social, do autogoberno económico de Galicia, e do financiamento autonómico. Así mesmo, Villares defendeu a necesidade de implantar cláusulas sociais na contratación pública, e a comarcalización de Galicia.
O lucense Luis Villares é  licenciado en Dereito, xuiz e maxistrado do contencioso administrativo da Audiencia Nacional e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
PRÓXIMAS CONFERENCIAS EN ESCAIRÓN
As vindeiras intervencións no ciclo de conferencias que se desenvolven no Círculo Saviñao retomaranse o venres 27 de xaneiro, a cargo de Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro do grupo Socialista, ao que seguirá a conferencia de Ana Pontón, portavoz do BNG, o sábado 4 de febreiro.
O ciclo rematará coa intervención do portavoz do Partido Popular na Cámara galega, Pedro Puy, o sábado 18 de febreiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 400 asociacións de 56 concellos lucenses reciben as subvencións da Deputación para actividades culturais

Seguinte Nova

O mellor talento emprendedor lucense deuse cita en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: