Novas iniciativas culturais en Quiroga para este trimestre

• Convocada a 14º edición do Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga • En febreiro comeza un curso de monitor de tempo libre, que se impartirá as fins de semana na Casa da Cultura de Quiroga

Os interesados en recibir toda a información sobre as actividades deste trimestre poden dirixirse á Casa da Cultura de Quiroga. Arquivo EC
Os interesados en recibir toda a información sobre as actividades deste trimestre poden dirixirse á Casa da Cultura de Quiroga. Arquivo EC
• Quiroga comeza o ano con diversas iniciativas formativas e de creación, para estimular a participación e a dinamización social.
XIV CERTAME CARTAS DE AMOR VILA DE QUIROGA
Ata o 6 de marzo poden enviarse traballos para o XIV Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga, organizado pola Área de Xuventude do Concello de Quiroga. Cada participante poderá presentar tantas cartas como desexe, co amor como temática central. Os textos poderán estar compostos en galego ou en castelán, cunha extensión máxima de dous folios mecanografados por unha soa cara.
Os traballos deberán presentarse dentro dun sobre no que figurará tan só o título da carta e a categoría na que participa. O traballo deberá acompañarse dun sobre pechado, dentro do cal figurarán os datos do autor, cunha dirección e teléfono de contacto.
O XIV Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga dispón dúas categorías. Na categoría junior, competirán as persoas ata 30 anos, e na senior a partir de 31.
A organización establece 3 premios: un e-book, un lote de libros e unha placa conmemorativa, para o primeiro, segundo e tercer premio, respectivamente.
Os traballos poderán entregarse directamente na Casa da Cultura de Quiroga ou na Oficina de Información Xuvenil, ou por correo postal.
O Concello comunicará aos gañadores a data de entrega dos premios.
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE, CON DESCONTOS NA MATRÍCULA PARA OS EMPADROADOS EN QUIROGA
Por outra banda, o 11 de febreiro comeza na Casa da Cultura de Quiroga o Curso de Monitor de Tempo Libre, que imparte a Escola Rural de Tempo Libre, en colaboración co Concello de Quiroga. Este curso, homologado pola Xunta de Galicia, ofrece 200 horas lectivas en modalidade intensiva, que se desenvolverán durante as fins de semana de febreiro a maio. O curso comezará o 11 de febreiro, e rematará o 7 de maio. O horario das clases será de 9 a 14 horas, e polas tardes de 16 a 21 horas.
O prezo é de 215 euros, e para os empadroados en Quiroga será de tan só 110 euros. As inscricións deberán realizarse na Casa da Cultura de Quiroga, e para máis información están dispoñibles os teléfonos 982 43 51 25 e o 636 69 33 78, así como o enderezo electrónico concello.quiroga@eidolocal.es.•
AXUDAS PARA O TRANSPORTE DE ESTUDANTES FÓRA DO MUNICIPIO
•Ata o 3 de marzo, o Concello de Quiroga ten aberto o prazo para presentar as solicitudes das axudas ao transporte de estudantes. As solicitudes deberán ir acompañadas por unha fotocopia da matrícula dos estudos que se están a realizar, e un certificado de empadroamento •Toda a documentación presentarase na Casa da Cultura. Máis información no teléfono 982 43 51 25

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra brillou con luz propia no stand de Galicia en FITUR 2017

Seguinte Nova

Máis de 400 asociacións de 56 concellos lucenses reciben as subvencións da Deputación para actividades culturais

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: