
• O domingo 23 de abril acollerá a IX Carreira Popular Concello de Monforte. A proba incluirá un total de 4 percorridos correspondentes ás categorías menores, con trazados de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, mentres que a proba absoluta contará cunha distancia de 7 quilómetros. A saída repite o tradicional punto de partida na Explanada da Compañía, que tamén funcionará como meta.
A saída da primeira proba, correspondente á categoría mini, será ás 11 horas, e as restantes probas partirán gradualmente ata as 11,30. A carreira absoluta sairá ás 12,00 horas.
Na categoría mini, todos os corredores que crucen a meta recibirán medalla e agasallo, e nas demais haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados. Na proba absoluta, recibirán premio en metálico e trofeo os tres primeiros clasificados en cada categoría, masculina e feminina.
Haberá camiseta e avituallamento gratuíto para todos.
As inscricións faranse na web www.championchipnorte.com•