• A xove deportista Carmen Suárez Fernández, do CB Val de Lemos, está a firmar unha exitosa tempada individual. A monfortina, que compite no Club Carmelitas de Ourense en calidade de xogadora vinculada, vén de ser convocada de novo á Preselección Galega de Baloncesto alevín.
Carmen Suárez participou na xuntanza da Preselección Galega de Minibasket celebrada na Estrada o 12 de febreiro. Suárez integra, xunto coa xogadora do Estudiantes de Lugo Sara González, e a do Bosco Ourense Lucía Sotelo, a representación das provincias do interior no combinado galego da categoría alevín feminina.

EXPERIENCIA EN CONVOCATORIAS AUTONÓMICAS
A xogadora monfortina xa conta con experiencia neste tipo de xuntanzas. Carmen Suárez participa con regularidade nas convocatorias periódicas dos Programas de Tecnificación que organiza a Federación Galega de Baloncesto, así como nas concentracións da Preselección Galega.•