Colaboración para potenciar o fútbol base na provincia de Lugo

O presidente da Deputación, Darío Campos; e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués; no encontro cos 13 clubes de fútbol cos que se asinaron os convenios de apoio ao fútbol base. GPDL
O presidente da Deputación, Darío Campos; e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués; no encontro cos 13 clubes de fútbol cos que se asinaron os convenios de apoio ao fútbol base. GPDL
• A comezos de febreiro, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao presidente do CD Lugo, Tino Saqués, asinaron un convenio con trece clubes lucenses para a potenciación do fútbol base. Entre os equipos beneficiados, atópanse o CF Monforte e a SD Chantada.
APOIO LOXÍSTICO, PROMOCIONAL E DE FORMACIÓN
Segundo explicaron os responsables desta iniciativa, o convenio terá unha duración de tres temporadas. O acordo establece que o CD Lugo se compromete a colaborar activamente na formación dos adestradores dos 13 clubes, poñendo á súa disposición medios técnicos e materiais. Ademais, o Lugo colaborará para que cada clube obteña acordos vantaxosos no subministro de material co patrocinador do clube capitalino. Así mesmo, o Lugo xogará un amistoso, co primeiro equipo o co filial, na pretemporada no lugar que estableza cada clube, e será este o beneficiario íntegro da recadación do partido. Por outra banda, os clubes poderán convocar a todos os xogadores e corpo técnico do primeiro equipo do CD Lugo para participar nos seus actos oficiais.
O convenio tamén establece o acceso gratuíto que ofrecerá o CD Lugo a técnicos e xogadores das categorías inferiores dos 13 clubes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto ata o 3 de febreiro o prazo de solicitude dos 193 novos empregos do programa provincial Ben Empregado 3

Seguinte Nova

Deporte para fomentar os valores na nosa provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss