Inaugurada nos Peares a central hidroeléctrica de San Pedro II

•A nova central amplía a capacidade da planta de Santo Estevo, convertíndoa no maior complexo hidroeléctrico de Galicia

O presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo visitan a central de San Pedro II na inauguración desta ampliación do complexo do Sil, o pasado 31 de xaneiro. (Foto: Xoán Crespo).
O presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo visitan a central de San Pedro II na inauguración desta ampliación do complexo do Sil, o pasado 31 de xaneiro. (Foto: Xoán Crespo).
• O 31 de xaneiro, tivo lugar nos Peares a inauguración da nova central hidroeléctrica San Pedro II, que supón a ampliación da planta que ten instalada a empresa Iberdrola en Santo Estevo.
UN PROXECTO INICIADO EN 2008 NO COMPLEXO DE SANTO ESTEVO
Deste xeito,  o complexo hidroeléctrico do río Sil convírtese no máis grande de Galicia, e remata o proxecto global iniciado por Iberdrola en 2008, na que a compañía investiu preto de 200 millóns de euros, e deu emprego a preto de 800 persoas. Segundo informou a empresa, o proxecto realizado na conca do Sil serviu para impulsar o tecido empresarial, posto que só na construción da planta San Pedro II participaron 80 empresas locais, e ata 200 sumando as que tomaron parte na ampliación de Santo Estevo.
Visita á nova central de San Pedro II. (Foto: Xoán Crespo).
Visita á nova central de San Pedro II. (Foto: Xoán Crespo).
COMPROMISO DA EMPRESA COAS RENOVABLES E A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
A inauguración da central San Pedro II contou coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente de Iberdrola, Ignacio Galán. O responsable da empresa salientou que Iberdrola atopou en Galicia “un dos mellores exemplos” da posición que ostenta a compañía na aposta polas renovables. “O 100% da nosa capacidade de produción na Comunidade ten orixe renovable e está, polo tanto, totalmente libre de emisións”, destacou Galán. O presidente de Iberdrola lembrou que a compañía española está a ser un “referente internacional” na loita contra o cambio climático, xa que ten reducido nun 75% as súas emisións nos últimos anos. Galán precisou que a compañía vén de realizar unha “aposta firme” polas enerxías limpas, destinando preto de 30.000 millóns de euros nos últimos 10 anos, convertíndose nun gran produtor hidroeléctrico e tamén no primeiro produtor eólico mundial.
En canto á nova central San Pedro II, Galán explicou que esta infraestrutura fai de contraembalse de Santo Estevo, modulando o caudal do río Sil, permitindo deste xeito aproveitar plenamente a ampliación executada en Santo Estevo. O presidente de Iberdrola insistiu en que a nova infraestrutura incrementa o aproveitamento enerxético dun recurso autóctono e renovable, con respeto a un entorno de excepcional valor ecolóxico. Este aspecto marcou o deseño e a proxección desta nova central, case enteiramente subterránea, co que se minimiza o impacto visual e sen repercusións na explotación turística dos recursos fluviais.
Dende Iberdrola suliñaron que estas centrales aportan 500 megavatios de potencia total, o que permite suministrar enerxía limpa a máis de 320.000 fogares galegos.
GALICIA CONTA CO 18% DA CAPACIDADE HIDRÁULICA DE ESPAÑA
Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a importancia de optimizar os recursos enerxéticos para reducir o custo da xeración eléctrica. Segundo Feijóo, a central San Pedro II é un “exemplo desta aposta pola eficiencia”.
Núñez Feijóo lembrou o “compromiso” da Xunta coas enerxías renovables, e o papel destas dúas centrais do Sil na consideración de Galicia como potencia hidroeléctrica. O mandatario autonómico precisou que Galicia está a ser a segunda comunidade con máis potencia hidráulica instalada, con 3.690 megavatios, o 18% de toda a capacidade hidráulica de España.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medio Rural iniciará a redacción do Plan Estratéxico da Agricultura Ecolóxica

Seguinte Nova

Aprobados 500.000 euros en axudas provinciais para traídas de auga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

   
A %d blogueros les gusta esto: