Medio Rural iniciará a redacción do Plan Estratéxico da Agricultura Ecolóxica

• Esta medida foi anunciada durante a celebración en Monforte de Lemos dunha xornada sobre comercialización de produtos ecolóxicos, organizada polo CRAEGA

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) organizou en Monforte de Lemos unha xornada sobre comercialización de produtos ecolóxicos, a finais de xaneiro. GPXG
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) organizou en Monforte de Lemos unha xornada sobre comercialización de produtos ecolóxicos, a finais de xaneiro. GPXG
• A Consellería de Medio Rural anunciou en Monforte que seguirá impulsando o sector da agricultura ecolóxica «porque se está a converter nun medio de vida digno e saudable que debe ser protexido e impulsado ao máximo». Así o explicou a directora xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na inauguración da xornada sobre comercialización de produtos ecolóxicos, organizada en Monforte polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) o 27 de xaneiro.
PLAN SOLICITADO POLO SECTOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA
Do Campo salientou que a Consellería de Medio Rural vai iniciar a redacción do Plan Estratéxico da Agricultura Ecolóxica, co obxectivo de poñer en valor este eido, e avaliar as accións a desenvolver que axuden a potenciar este tipo de producións. Segundo explicou Do Campo, este Plan Estratéxico foi solicitado polo propio sector, e conta co respaldo da Xunta, ademais co compromiso do Executivo autonómico de levalo a cabo ao longo do presente ano.
IMPORTANTE AUMENTO NO NÚMERO DE GRANXAS DE LEITE ECOLÓXICO
Belén do Campo destacou así mesmo o crecemento que está a experimentar o sector da agricultura ecolóxica nos últimos anos. A responsable de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias precisou que o vacún de leite en ecolóxico conta xa con 79 granxas, das que 37 xa venden o leite, e as outras 42 están en proceso de conversión a este sistema de produción.
Belén Do Campo destacou tamén á produción ecolóxica como unha das «mellores estratexias» para a competitividade. A titular autonómica lembrou o caso das granxas leiteiras ecolóxicas, sector no que o prezo pagado por litro ronda os 0,50 euros.•

Os datos do sector da agricultura ecolóxica en Galicia

• 558 produtores e 163 elaboradores, importadores e comercializadores inscritos no CRAEGA • Facturación: máis de 33 millóns en 2015 • O 90% da produción ecolóxica é de leite, carne, castañas e sidra

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Plan integral de desinsectación para conservar os museos de Tor e Narla

Seguinte Nova

Inaugurada nos Peares a central hidroeléctrica de San Pedro II

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: