Monforte contará cun mercado de produtos e obxectos de época para preparar a XV Feira Medieval

•O mercado de produtos e obxectos medievais terá lugar o 1 e 2 de abril •Será na Praza de Abastos, e dará prioridade ás tendas de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé, reuniuse cos artesáns e cos responsables do CCU e da Asociación de Hosteleiros, para concretar a planificación da XV Feira Medieval. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, reuniuse cos artesáns e cos responsables do CCU e da Asociación de Hosteleiros, para concretar a planificación da XV Feira Medieval. GPCM

• A XV Feira Medieval de Monforte celebrarase os días 15 e 16 de abril, e dende o Concello están a preparar os detalles deste evento, nunha edición que tratará de incorporar diversas novidades.
O alcalde de Monforte, José Tomé, mantivo a comezos de febreiro unha reunión cos representantes do Centro Comercial Urbano, da Asociación de Hosteleiros do sur de Lugo, e cos artesáns da cidade. Tomé explicou que este ano adiántanse os prazos «para que todo se poida planificar con máis antelación». Ata o 3 de marzo está aberto o prazo de inscrición.
Como novidade, e para aumentar a implicación de hosteleiros e comerciantes neste evento, está previsto que se celebre na Praza de Abastos un mercado de produtos medievais, quince días antes da Feira. «O que se pretende é facilitar o equipamento necesario dos locais para a Feira Medieval, en decoración e ambientación», precisou José Tomé. Deste xeito, ofrecerase nun único espazo unha ampla variedade de artigos, dende roupa ata complementos de todo tipo». O alcalde suliñou que «se vai dar prioridade ás tendas de Monforte».
José Tomé explicou que están traballando na elaboración do cartel da XV Feira Medieval. Ademais, o Concello está a concretar diversas novidades na programación, «con elementos novos que axuden a dinamizar este evento para atraer a máis visitantes», suliñou o alcalde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda promove a sensibilización contra a violencia de xénero

Seguinte Nova

A xogadora Carmen Suárez, do CB Val de Lemos, de novo na Preselección Galega

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: