• O Concello organiza a sexta edición do Concurso de Postres de Entroido, o domingo 26 de febreiro
• Bóveda porá a nota máis doce do Entroido do sur de Lugo co VI Concurso de Postres, que terá lugar no Centro Sociocultural o domingo 26 de febreiro, de 17 a 19 horas. Admitiranse a concurso só postres típicos destas datas, aínda que se poden presentar outras variedades, que non competirán.
A inscrición debe realizarse no Concello antes do 17 de febreiro, aportando os datos da persoa e o nome do doce. Só se aceptará un postre por inscrición. Os postres presentaranse o domingo 26 ás 16,30 horas no Centro Sociocultural.
A organización establece tres premios, que consistirán en programas termais por valor de 90 euros, cunha caducidade de tres meses. Os gañadores daranse a coñecer ao final da xornada. •