Primeiro encontro dos colectivos lucenses contra o abandono animal para coordinar accións conxuntas

•A xuntanza celebrouse por iniciativa da Deputación de Lugo •O Goberno provincial propuxo campañas de sensibilización no Camiño e nas principais vilas lucenses

Os responsables dos nove colectivos xunto á deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o 6 de febreiro. GPDL
Os responsables dos nove colectivos xunto á deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o 6 de febreiro. GPDL
• Un total de 14 membros dos 9 colectivos lucenses contra o abandono animal mantiveron o seu primeiro encontro de traballo a comezos deste mes.
PRETO DE 5.000 CANS ABANDONADOS CADA ANO NA PROVINCIA
Esta xuntanza, realizada por iniciativa da Deputación de Lugo, serviu para poñer en común as demandas destes colectivos, e deseñar accións para a área de Medio Ambiente, que melloren a atención ás súas necesidades fronte ao problema do abandono de mascotas. Segundo as asociacións, estímanse en 5.000 os cans abandoados ao ano na nosa provincia, o que supón un custe de 300 euros pola recollida e atención de cada animal, incluída a castración, vacinación e instalación de microchips.
PARTICIPARON AMARCAN DE MONFORTE E HUELLAS DE SARRIA
Na xuntanza celebrada na capital provincial, participaron representantes da Protectora de Animais de Xermade, a Asociación Protectora de Animais do Camiño (APACA), a Sociedade Protectora de Animais de Lugo, a Asociación Protectora do Valadouro-Alfoz, Bigotes Burela, Asociación Asistencial Protectora de Foz, Huellas de Sarria, AMARCAN de Monforte de Lemos e Coletiña de Cervo.
A deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, propuxo aos colectivos a organización de campañas de sensibilización. Por unha banda, para evitar o abandono de cans polos peregrinos que fan o Camiño, e por outra, unha acción para a concienciación xeral nas principais vilas da provincia.
Tamén se falou das alternativas para controlar as colonias de gatos. A Deputación estudará as propostas dos colectivos de instalar casetas de acollida nas cidades, e de aplicar o método de captura, esterilización e solta dos exemplares abandonados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A IX Carreira Popular de Monforte será o 23 de abril

Seguinte Nova

Plan integral de desinsectación para conservar os museos de Tor e Narla

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: