Sober amosou os seus atractivos na Feira Gastronómica Xantar

•A XXXVII Feira do Viño de Amandi prevé unha participación de 25 adegas

Imaxe do stand do Concello de Sober na feira Xantar, celebrada en Ourense do 1 ao 5 de febreiro, e na que se rexistraron 24.000 visitantes. GPCS
Imaxe do stand do Concello de Sober na feira Xantar, celebrada en Ourense do 1 ao 5 de febreiro, e na que se rexistraron 24.000 visitantes. GPCS

• O Concello de Sober contou cun stand propio na última edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2017, que se celebrou en Expourense a comezos de febreiro. Esta cita promocional congregou a 232 expositores de 11 países, e rexistrou unha afluencia de 24.000 visitantes. O turismo e a enogastronomía foron dous dos eixos desta feira, nos que Sober ocupa un lugar prioritario na Galicia interior. Dende o Concello soberino destacaron o programa da XXXVII Feira do Viño de Amandi, que prevé a participación de 25 adegueiros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Entroido máis doce celebrarase en Bóveda

Seguinte Nova

O Entroido Ribeirao abriu a porta ás celebracións do sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss