Tres medallas para os de Neka no Campionato Galego sub-21

• Pedro Luis Pérez “Wiwi” e Junior Martínez estarán coa selección galega no Campionato de España de combate

No centro, Pedro Luis Pérez “Wiwi”, do Neka, logo de acadar a medalla de ouro no Campionato Galego sub-21. (Foto cedida).
No centro, Pedro Luis Pérez “Wiwi”, do Neka, logo de acadar a medalla de ouro no Campionato Galego sub-21. (Foto cedida).

• O club Neka de Monforte vén de completar un pleno de éxitos no Campionato Galego sub-21 de Taekwondo, celebrado o 4 de febreiro na localidade pontevedresa de Bueu. Os tres deportistas deste ximnasio que participaron na proba autonómica conseguiron subirse ao podio desta proba, puntuable para o Campionato de España. O resultado non puido ser mellor, segundo comentou o adestrador do Neka, José Mª Vega. “Foi o estreno dos tres nesta categoría, e o resultado foi xenial”, suliñou.

Á dereita da imaxe, Elena Varela, deportista do club Neka, acadou un bronce na proba galega sub-21. (Foto cedida).
Á dereita da imaxe, Elena Varela, deportista do club Neka, acadou un bronce na proba galega sub-21. (Foto cedida).

Na cita de Bueu, Pedro Luis Pérez “Wiwi”, do club Neka, proclamouse campión galego sub-21, logo de gañar os tres combates e superar na final ao cabeza de serie número un no punto de ouro. Pola súa banda, Elena Varela e Junior Martínez conseguiron cadansúa medalla de bronce. Varela chegou a semifinais, e un complicado cruce puxo fin ás súas opcións de ouro. Martínez completou un gran traballo en semifinais, perdendo por un axustadísimo 16-15.

Junior Martínez (á dereita) subiu ao podio coa medalla de bronce conseguida na proba autonómica. (Foto cedida).
Junior Martínez (á dereita) subiu ao podio coa medalla de bronce conseguida na proba autonómica. (Foto cedida).

Os tres deportistas do Neka están a continuar a excelente traxectoria dun clube que, temporada tras temporada, pon a Monforte e a Galicia no podio das grandes probas de nivel nacional. Este traballo vese premiado, nesta ocasión, coa participación de Pedro Luis Pérez “Wiwi” e Junior Martínez no vindeiro Campionato de España sub-21, o 4 de marzo en San Sebastián de Los Reyes. “Wiwi” e Martínez representarán a Galicia na modalidade de combate.
Estes éxitos non están a ser recoñecidos debidamente no reparto de axudas que as Administracións dan aos clubes deportivos, segundo critica o responsable do club Neka. José Mª Vega lamenta que “despois de conseguir no Neka 9 medallas nacionais, que máis hai que facer para ter apoios?”. “Outros clubes con menos resultados deportivos contan con bastantes máis axudas”, criticou o xerente do clube monfortino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Case 270 mozos e mozas de menos de 40 anos asumiron a titularidade de granxas en Lugo en 2016

Seguinte Nova

Un paso máis cara unha estratexia conxunta do turismo na provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: