Un paso máis cara unha estratexia conxunta do turismo na provincia

•Presentado o Informe do Turismo en Lugo, elaborado polo Eixo Atlántico

Os alcaldes de Monforte e Sarria, José Tomé e Pilar López, na presentación do Informe sobre o Turismo en Lugo, elaborado polo Eixo Atlántico, que se celebrou en Lugo o 10 de febreiro. GPDL
Os alcaldes de Monforte e Sarria, José Tomé e Pilar López, na presentación do Informe sobre o Turismo en Lugo, elaborado polo Eixo Atlántico, que se celebrou en Lugo o 10 de febreiro. GPDL

• O 10 de febreiro, tivo lugar na capital provincial a presentación do Informe do Turismo en Lugo, elaborado polo Eixo Atlántico. O secretario xeral deste organismo, Xoán Vázquez Mao, explicou que o desenvolvemento turístico da nosa provincia non se vai poder desenvolver mentres non se resolvan as deficiencias nas comunicacións, tanto nas conexións viarias como nas infraestruturas tecnolóxicas. Así mesmo, Vázquez Mao destacou a oferta diferencial que xa ten a provincia, e pediu a implicación do sector privado.
Pola súa banda, o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, lembrou que a Deputación de Lugo está a elaborar o primeiro Plan Estratéxico de Turismo na provincia de Lugo, que establecerá as medidas a seguir ata 2020. Vidal explicou que o Plan contempla a creación dun Consello provincial, que xestione e coordine as accións turísticas nos concellos lucenses. O deputado lembrou que a creación deste Consello é unha das recomendacións que inclúe o Informe elaborado polo Eixo Atlántico.
O alcalde de Monforte, José Tomé, insistiu na necesidade desta estratexia provincial, «xa que o traballo illado non serve para nada».
A alcaldesa de Sarria, Pilar López, suliñou a importancia de que os concellos complementen as súas accións turísticas. López tamén engadiu que dende o Goberno sarriao farán todo o posible para que ADIF non reduza os servizos na Estación de Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tres medallas para os de Neka no Campionato Galego sub-21

Seguinte Nova

Aprobadas as últimas actuacións do Plan Integral da Rede Viaria provincial 2016

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: