•Monforte acolleu o Campionato Galego de técnica e freestyle, proba na que o Neka foi anfitrión e conseguiu 10 medallas
• O 26 de febrero, Monforte acolleu o Campionato Galego de técnica e freestyle de Taekwondo, nunha proba na que o club Neka, que exerceu de anfitrión, conseguiu 10 medallas. Esta proba, clasificatoria para o ranking da selección galega que irá ao Campionato de España a comezos de marzo, congregou na cidade do Cabe a preto de 300 deportistas. Nove dos once deportistas que tiveron medalla na proba de Monforte conseguiron entrar no combinado galego de técnica, do que xa forman parte, na modalidade de combate, os seus compañeiros Junior Martínez e Pedro Luis Pérez “Wiwi”. Ademais, conseguiron sumarse na selección infantil Laura Álvarez, Marco García e Daniel Areán, co que o Neka reúne 15 taekwondistas na selección galega.
Os de Neka conseguiron seis bronces, correspondentes á parella cadete de Gael Trujillo e Iria de la Fuente; a Carla Pardo en cadete; á parella senior de Elena Varela e Álex Camba; a Carlos Rey en junior, e as dúas en freestyle de Elena Varela e Meritxell Varela.
Pola súa banda, o trío junior formado por José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández lograron a medalla de prata.
Por último, Álex Camba obtivo ouro en individual senior, metal que tamén conseguiron o trío senior integrado por Sabela González, Meritxell Varela e Elena Varela. Tamén foron ouro as deportistas Carla Pardo, Sydney Rodríguez e Nerea Fernández en trío cadete.•