A Deputación financiará con 100.000 euros os XII Xogos do Eixo Atlántico

• A organización estima que serán preto de 2.000 os deportistas que competirán nas sedes de Lugo, Monforte de Lemos e Sarria

Imaxe da Xunta de Goberno provincial que aprobou o inicio da contratación da organización dos XII Xogos do Atlántico. GPDL.
Imaxe da Xunta de Goberno provincial que aprobou o inicio da contratación da organización dos XII Xogos do Atlántico. GPDL.
• A Deputación de Lugo vai destinar un total de 100.000 euros para a organización e desenvolvemento dos XII Xogos do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
DO 2 AO 7 DE XULLO
Esta importante cita deportiva desenvolverase do 2 ao 7 de xullo nas sedes de Lugo, Monforte de Lemos e Sarria. Segundo explicou o voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos, esta é a primeira vez que se celebran estes Xogos na provincia de Lugo.
Este evento «único en Europa» contará cunha participación media de entre 1.500 e 2.000 deportistas menores de 16 anos. Santos Ramos precisou que, segundo as previsións do propio Eixo Atlántico, a provincia vai acoller a máis de 5.000 persoas, entre organizadores e participantes, cun retorno económico estimado en preto de 700.000 euros. «É unha oportunidade para promover o turismo e a gastronomía lucense», explicou.
O voceiro provincial suliñou que se van organizar actividades paralelas ás competicións, de carácter cultural e turístico, para dar a coñecer a provincia a deportistas e acompañantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tendal de Poesía en Bóveda no Día de Rosalía de Castro

Seguinte Nova

Novos traballos de asfaltado nas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: