A Praza de Abastos de Monforte acollerá tres Mercados ata primeiros de abril

Bodas e eventos, outlet do comercio local, e complementos para decoración medieval son as temáticas dos tres Mercados

Presentación dos mercados que se celebrarán na Praza de Abastos en marzo e abril. GPCM.
Presentación dos mercados que se celebrarán na Praza de Abastos en marzo e abril. GPCM.
• A dinamización do comerci local será o obxectivo dos tres novos mercados que se van desenvolver na Praza de Abastos de Monforte.
BODAS E EVENTOS
A primeira cita será na fin de semana do 4 e 5 de marzo, durante a que se poderá visitar o Mercado de Bodas e Eventos.  Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación dos mercados, este evento contará con 18 stands, que incluirán floristerías, fotografía, animación infantil, organización de eventos, xoiería, perruquería, lencería ou grupos musicais. Durante o desenvolvemento do Mercado de Bodas e Eventos, que estará aberto ininterrumpidamente de 11 a 20 horas, celebraranse obradoiros para nenos e sesións de maquillaxe, entre outras iniciativas.
OUTLET DO CCU OS DÍAS 18 E 19
A mediados de marzo, será a quenda da Feira de Oportunidades, que organiza o Concello en colaboración co Centro Comercial Urbano de Monforte. A feira, que ofrecerá importantes descontos en agasallos, decoración, complementos, roupa ou calzado da temporada de inverno, celebrarase os días 18 e 19 de marzo, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 17 a 21 horas.
IDEAS E COMPLEMENTOS MEDIEVAIS
A oferta dos mercados para estes meses completarase os días 1 e 2 de abril, nos que a Praza de Abastos acollerá diversos deseños cos que inspirarse para decorar os establecementos na vindeira Feira Medieval, que terá lugar na fin de semana de Pascua. O mercado permitirá obter suxerencias de decoración para os locais, e tamén para a vestimenta dos cidadáns que queiran participar. Complementos, traxes, e materiais decorativos estarán tamén á venda durante estes días, en horario de 11 a 14 horas, e pola tarde de 17 a 21 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Unión Europea recoñece a xestión dos museos provinciais de Lugo como modelo de innovación social

Seguinte Nova

Tendal de Poesía en Bóveda no Día de Rosalía de Castro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: