A Unión Europea recoñece a xestión dos museos provinciais de Lugo como modelo de innovación social

O informe valora sobre todo a implicación social, as actividades dirixidas a todo tipo de públicos, a accesibilidade e o dinamismo social

Foto de arquivo da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, cos participantes do proxecto Fotografía a Cegas. GPDL
Foto de arquivo da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, cos participantes do proxecto Fotografía a Cegas. GPDL
• O modelo de xestión dos catro museos que integran a Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo foi seleccionada polo proxecto ITSSOIN por deseñar programas de cohesión social en contextos culturais dentro do campo da innovación social. O proxecto ITSSOIN (siglas en inglés de Impact of the Third Sector as Social Innovation), que está financiado pola Unión Europea dentro do Sétimo Programa Marco para a investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración, vai propoñer este modelo de xestión cultural da Deputación de Lugo a institucións diversas, interesadas en aplicar estes mesmos instrumentos.
INTEGRACIÓN SOCIAL EN ESPAZOS CULTURAIS
Segundo explicou a deputada de Cultura, Pilar García Porto, o informe valora sobre todo a implicación social, as actividades dirixidas a todo tipo de público, principalmente aos máis vulnerables, a accesibilidade e o dinamismo social. Tamén se tivo en conta para este recoñecemento a creación do Departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes, as actividades de museoloxía social, e o papel dos museos como epicentros de innovación e cohesión social.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

15 alumnos do Neka entran a formar parte da selección galega de Taekwondo

Seguinte Nova

A Praza de Abastos de Monforte acollerá tres Mercados ata primeiros de abril

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: