Aberto o prazo para participar no programa provincial Musiqueando

• Os grupos de música terán de prazo ata o 16 de marzo • Para concellos, asociacións ou comisións de festas, será ata o 31 de marzo

Foto de arquivo da deputada de Cultura, Pilar García Porto, na presentación da programación cultural do organismo provincial. GPDL.
Foto de arquivo da deputada de Cultura, Pilar García Porto, na presentación da programación cultural do organismo provincial. GPDL.
• A área de Cultura da Deputación de Lugo ten aberto o prazo para participar no programa Musiqueando.
Esta iniciativa ten como obxectivo promocionar a música popular na provincia, así como a creación de corais, bandas de música ou grupos tradicionais. Por este motivo, o programa Musiqueando vai destinado a concellos, asociacións e comisións de festas que vaian contratar este tipo de actuacións musicais. Os grupos ou bandas de música deberán ter residencia na provincia de Lugo e estar legalmente constituídos. O programa Musiqueando conta cunha dotación de 100.000 euros.
PRAZOS E IMPORTES DAS AXUDAS
O programa establece dous prazos de solicitude. Ata o 16 de marzo está aberto para grupos, corais e bandas de música que queiran participar, e ata o 31 do mesmo mes para concellos, asociacións e comisións de festas interesados na súa contratación.
A Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación, e o 20% restante será financiado pola entidade contratante da actuación.
As achegas distribuiranse segundo o número de integrantes. Para as bandas de música, os importes oscilan entre 600 e 2.000 euros, mentres que as achegas para grupos de música tradicionais estarán entre os 400 e os 720 euros. A contratación de corais de ata 20 membros terán unha achega de 480 euros, e de 640 euros se superan os 20 integrantes.
GRUPOS OU BANDAS PARTICIPANTES
Na selección, tratarase de favorecer a rotación dos grupos ou bandas, tendo en conta aspectos como a proximidade entre o grupo de música e o municipio, ou o número de veces que teñen actuado nun mesmo concello.
Están excluídos deste programa os grupos musicais integrados por menores de 13 anos. No caso de que nas formacións musicais existisen menores desta idade, deberán presentar unha autorización e unha declaración de responsabilidade asinada pola persoa responsables do grupo ou banda no que estea integrado o menor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Doblete de vitorias na casa para os equipos infantís do Korbis

Seguinte Nova

Melloras en 13 parques empresariais lucenses con axudas da Xunta en 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: