ACES-Sarria entregou os premios ás gañadoras da Campaña de San Valentín

Entrega dos premios ás gañadoras da campaña de San Valentín, organizada por ACES-Sarria. (Foto: ACES-Sarria)
Entrega dos premios ás gañadoras da campaña de San Valentín, organizada por ACES-Sarria. (Foto: ACES-Sarria)
• O comercio asociado de Sarria continúa coa programación de actividades para incentivar as compras no pequeno comercio e dinamizar a vida local.
ADICATORIAS CON AMOR
A última das iniciativas estivo vinculada á celebración do día de San Valentín, cunha campaña denominada «Adicatorias con Amor». Durante os días 13 e 14 de febreiro, a reporteira de ACES-Sarria percorreu as rúas da vila acompañada dun cámara, para gravar as adicatorias que as persoas quixeron enviar ás súas parellas. Estas adicatorias, que superaron o medio cento de gravacións, foron subidas ao Facebook do CCU Sarria, e recibiron numerosas visitas e reproduccións.
PREMIADAS
A campaña incluiu un sorteo de tres ceas para dúas persoas nos restaurantes Hotel Alfonso IX, Roma e O’Descanso. Dúas das ceas sorteáronse entre todos os clientes que realizaran as súas compras nos establecementos asociados de Sarria entre o 4 e o 14 de febreiro. As premiadas foron Carmen Liz Areal, que comprou en Slow Dream, e Pilar López Busto, que mercou en Dimar. A terceira cea sorteouse entre as persoas que participaron nas «Adicatorias con Amor», e a gañadora foi Nuria Rodríguez López. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En prazo para mandar traballos ao Concurso de Carteis das Festas Patronais de Monforte

Seguinte Nova

Aprobadas novas melloras na estrada de Sober a Doade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: