•Os arranxos no vial que leva aos miradoiros do Sil mellorarán o pavimento e ampliarán en metro e medio o ancho da estrada
• O Goberno da Deputación de Lugo aprobou en Xunta de Goberno, a finais de febreiro, as obras de mellora na estrada LU-P-5903 que unen Sober con Doade, por un importe de 332.400 euros. Segundo informou en rolda de prensa o deputado Pablo Rivera Capón, estes arranxos realizaranse nun tramo de 2,5 quilómetros, e estarán completados previsiblemente a finais do mes de marzo.
Rivera Capón explicou os detalles destas obras, que van mellorar unha das vías «máis transitadas da Ribeira Sacra, sobre todo nas fins de semana», xa que a estrada de Sober a Doade dá acceso aos miradoiros sobre o río Sil e ás adegas da contorna. Os traballos consistirán no ensanche da estrada, que pasará dos 4 aos 5,5 metros, ademais da pavimentación e aglomerado en quente do firme, e limpeza das cunetas.
Dende a Deputación lembraron que xa se tiña actuado no mantemento do firme deste vial, aínda que sen ampliar o seu ancho.•