A proba absoluta terá lugar o 14 de abril, Venres Santo, a partir das 5 da tarde
• O calendario do running na comarca de Lemos vai sumando citas de cara aos vindeiros meses. Neste caso, Quiroga voltará a congregar aos amantes deste deporte aproveitando a Semana Santa e a Feira do Viño da localidade.
ÚNICA CARREIRA GALEGA E ESPAÑOLA QUE SE CELEBRA NA TARDE DO VENRES SANTO
Quiroga acollerá o 14 de abril a XIII Carreira Popular Feira do Viño, unha proba que cada ano suma adeptos, tanto pola beleza do seu percorrido como pola singularidade da data de celebración. Segundo destacaron os responsables da Área de Deportes do Concello de Quiroga, esta carreira é a única de Galicia e de España enteira que se celebra na tarde do Venres Santo.
A proba absoluta arrancará ás 5 da tarde, e previamente desenvolverase o calendario de carreiras das categorías menores, a partir das catro e cuarto. Os adultos poderán inscribirse na web www.championchipnorte.com ata o mércores 12 de abril ás 14,00 horas, e os menores poderán facelo nesta mesma web, ou o mesmo día da proba presencialmente de 14,30 a 16,00 horas.•