Doblete de vitorias na casa para os equipos infantís do Korbis

• Na última xornada de febreiro, o equipo feminino conseguiu manterse invicto, e o masculino sorprendeu cunha emocionante vitoria ante o líder

O pavillón da Pinguela en Monforte acolleu as dúas vitorias dos equipos infantís masculinos e femininos, na última xornada de febreiro. (Foto: Korbis Gonzalo Seguros)
O pavillón da Pinguela en Monforte acolleu as dúas vitorias dos equipos infantís masculinos e femininos, na última xornada de febreiro. (Foto: Korbis Gonzalo Seguros)
• Os equipos infantís do Korbis Gonzalo Seguros amosaron en Monforte as capacidades que posúen para completar un bo papel nesta liga. As xogadoras adestradas por Olivia González mantéñense invictas na clasificación, a pesar de gañar «máis ben por sorte que por xogo» ás do Boiro, segundo explicou González.
REMONTADA DOS INFANTÍS ANTE O LÍDER
Pola súa banda, os rapaces do infantil, adestrados por Óscar González, ofreceron un «emocionante e espectacular» partido diante do líder, o Boiro, que só tiña unha derrota. Segundo explicou González, logo de gañar axustadamente os dous primeiros sets, os locais perderon o terceiro a pesar de manter un bo nivel de defensa. Cun cuarto set a favor, os de Boiro forzaron o quinto e definitivo set, no que finalmente o Korbis «recuperou o bo xogo» e sumou unha vitoria que lle permite ter opcións de rematar a liga entre os tres primeiros clasificados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dous equipos do CB Sarria acadaron o segundo posto no Torneo Benvido

Seguinte Nova

Aberto o prazo para participar no programa provincial Musiqueando

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss