•Os deseños enviaranse antes do 26 de maio, e o cartel gañador coñecerase o 2 de xuño
• Xa está aberto o prazo para enviar deseños ao XXII Concurso de Deseño de Carteis das Festas Patronais de Monforte de Lemos. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, con este concurso «queremos conseguir a máxima promoción posible desta festividade, tanto en Monforte como fóra da nosa cidade, e a busca do mellor cartel anunciador é o punto de partida para conseguir o noso obxectivo».
As bases do concurso esixen que o deseño sexa de creación propia, orixinal e inéditor. A técnica é libre, aínda que ten que se reproducible por cuatricromía, e incluír o texto «Monforte de Lemos Festas Patronais do 11 ó 16 de agosto de 2017».
Os traballos presentaranse baixo plica con seudónimo, e no sobre interior pechado incluiranse os datos completos de identificación da autoría. Os deseños entregaranse, por correo postal ou presencialmente, no Rexistro do Concello de Monforte de Lemos.
O prazo remata o 26 de maio, e a decisión do xurado darase a coñecer o 2 de xuño.•