• A Xunta aportou máis de 94.000 euros para acondicionar accesos e viais no polígono do Peago no Saviñao
• Un total de 13 parques empresariais, pertencentes a 11 concellos da provincia de Lugo, recibiron máis de un millón de euros en axudas da Xunta dentro do Plan de melloras de infraestruturas dos polígonos empresariais de Galicia, na convocatoria de 2016.
Un dos parques incluídos no plan foi o do Peago, situado no municipio de O Saviñao, e que recibiu unha achega autonómica de máis de 94.000 euros, para custear o 80% do investimento en varios arranxos. En concreto, esta dotación serviu para acondicionar un total de 550 metros de vías de acceso e da rede interior deste polígono. Os arranxos realizáronse nun camiño xa existente, para permitir o enlace coa antiga estrada C-533, nun tramo de acceso á depuradora, e nas rúas centrais do parque empresarial. Así mesmo, o proxecto incluía traballos de limpeza e mantemento do firme en varios puntos do polígono.•