Monforte e A Pobra do Brollón entran no programa de Vivendas Baleiras

•Seis concellos lucenses crean bolsas de vivendas sociais con inmobles desocupados

Os alcaldes de Monforte e da Pobra do Brollón, na sinatura do convenio coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o 21 de febreiro. GPXG
Os alcaldes de Monforte e da Pobra do Brollón, na sinatura do convenio coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o 21 de febreiro. GPXG
• Un total de seis municipios lucenses, entre os que están Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón, sumáronse en febreiro ao programa de Vivendas Baleiras que promove a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
39 CONCELLOS GALEGOS
A sinatura do convenio tivo lugar en Santiago o pasado 21 de febreiro, e contou coa presenza do rexedor monfortino, José Tomé, e do alcalde de A Pobra, José Luis Maceda, ademais dos rexedores de Mondoñedo, Guitiriz, Trabada e Viveiro. Actualmente, o programa de Vivendas Baleiras da Xunta conta con 39 concellos adheridos en toda a Comunidade.
Segundo lembrou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na sinatura do convenio, o programa ten como obxectivo prioritario crear unha bolsa de vivendas desocupadas para destinalas a alugueiro social, incorporando inmobles pertencentes a particulares, empresas ou organismos, e contando coa implicación da Administración local.
O convenio establece un límite de prezos para a renda do aluguer, que oscila entre os 300 euros no caso dos concellos de Viveiro e Monforte, e os 250 no caso de A Pobra do Brollón e os outros tres concellos lucenses adheridos ao programa. A contía final da renda estará determinada polas características de cada vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.
A idea do programa é tratar de que o alugueiro resulte interesante para ámbalas dúas partes. Segundo precisou a conselleira, o programa busca que ao propietario lle compense incorporar a este programa pola renda que vai recibir, e que ao beneficiario lle resulte asequible a renda de aluguer, que será compatible con calquera outra axuda recibida do Concello ou da Xunta.
As vivendas están aseguradas pola Xunta, cun seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás para disfrutar do Entroido no sur de Lugo

Seguinte Nova

En prazo para mandar traballos ao Concurso de Carteis das Festas Patronais de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: