•O Concello destinou algo máis de 35.000 euros ao arranxo dos viais das rúas Valle Inclán e Arousa
• O Concello de Monforte continúa cos traballos de asfaltado das rúas da cidade. As intervencións máis recentes foron nos viais de Valle Inclán, Arousa, Santiago e Ponte da Virxe, cun investimento de 35.526 euros, procedentes dos orzamentos de 2016. O alcalde, José Tomé, explicou que as actuacións inclúen a mellora do pavimento en mal estado e da sinalización horizontal. Tomé destacou a importancia destas obras «para incrementar a seguridade dos peóns e do tráfico».
«CUMPLIR O COMPROMISO COS VECIÑOS»
O rexedor precisou que os arranxos na rúa Valle Inclán, dende o paso a nivel da Florida e o da vía de Castilla, supoñen a mellora das dúas «arterias principais do barrio da Florida, e cumplimos o compromiso cos veciños da zona». Tomé suliñou que esta obra implica «unha mellora importante no paso a nivel, posto que antes había fochancas permanentemente aos dous lados». O Concello investiu algo máis de 13.600 euros nestes traballos.
Os arranxos nas rúas Arousa e Ponte da Virxe mellorarán o firme e a sinalización horizontal, cun orzamento que supera os 10.300 euros. O alcalde destacou que estas rúas, aínda que non son moi transitadas, «váiselles dar o mesmo tratamento que a outras con máis tráfico, porque levan moito tempo en un estado deficiente e por respecto aos veciños que alí viven».
As obras na rúa Santiago daranlle «un carácter máis urbano», xa que algunha parte deste vial «aínda estaba de terra». Os traballos custarán algo máis de 11.200 euros.
José Tomé destacou que o plan de asfaltado que está a desenvolver o equipo de Goberno local alcanzou a un total de 20 rúas «nun só ano, unha cifra que non se alcanzou ata o de agora en Monforte».

O PP PIDE MÁIS OBRAS E MÁIS PLANIFICACIÓN
Pola súa banda, a voceira do Partido Popular no Concello, Julia Rodríguez, demandou que o Goberno local arranxe varias rúas «en mal estado», con cargo aos orzamentos de 2017. Rodríguez critica que nos orzamentos está incluída unha partida de 434.000 euros «sen definir as accións que se van levar a cabo, agás a humanización das rúas Conde e da Estrela». A voceira do PP insistiu en que se debe planificar «para evitar agravios comparativos entre veciños».•